A Guarda apraza a Gala do Deporte por problemas técnicos
Lamentamos informar da cancelación da Gala do Deporte que se ía celebrar este venres 21 de febreiro. Uns problemas técnicos fan imposible ter todo listo para o día de mañá, polo que o Concello xa traballa para organizar a mellor gala nunha nova data.
Agardamos poder homenaxear aos nosos deportistas e clubs o máis pronto posible. A nova data para a Gala do Deporte darase a coñecer por redes sociais e páxina web do Concello.