O CIM da Guarda recoñecido polo seu traballo de prevención de violencia e fomento de igualdade
O CIM da Guarda (Centro de Información á Muller) é un referente na atención ás vítimas e no desenvolvemento de programas de prevención da violencia de xénero e do fomento da igualdade.
Por iso, este centro recibiu o recoñecemento de Distinción Honorífica dos premios Boas Prácticas en Igualdade da Deputación de Pontevedra, recoñecendo o traballo do CIM da Guarda.
Na visita de onte, o presidente da Deputación, Luis López, e a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, coñeceron de primeira man o traballo e as actuacións do CIM da Guarda. Ademais, escoitaron os testemuños de usuarias do CIM que lle explicaron como lles axudan desde o CIM durante todo o proceso.