(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Novas tecnoloxías

    • Inicio
    • Novas tecnoloxías
    • A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» contará con ponencias de especialistas do sector

    A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» contará con ponencias de especialistas do sector

    • Publicado por prensa
    • Categorías Novas tecnoloxías, Xerais
    • Date 9 Outubro, 2018
    A Guarda prepárase para acoller os días 25, 26 e 27 de outubro unhas xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía baixo o proxecto «Tecnoimaxín», que traerá á Guarda a especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial.

    A Guarda prepárase para acoller os días 25, 26 e 27 de outubro unhas xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía baixo o proxecto «Tecnoimaxín», que traerá á Guarda a especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial.

    O programa da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» terá inicio na xornada do xoves 25 ás 10:00h, cun acto inaugural no que se contará coa asistencia do Delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes e demais convidados.

    De seguido terá lugar o primeiro obradoiro sobre «Competencias emocionais para afrontar un futuro laboral dixitalizado» a cargo da Coach, formadora e Psicopedagoga Gema Sánchez- Cabezudo.

    Xa pola tarde, ás 18:30h, Débora Ramonde, Directora de Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo, falará sobre os Proxectos da Zona Franca de Vigo, interesantes iniciativas para o apoio aos emprendedores e a creación de novas empresas.

    A continuación, dende ás 19:00h, Jaume Gurt, Director de Organización e Desenvolvemento de persoas Schibsted Spain, pechará esta primeira xornada cunha ponencia sobre «A felicidade nas novas organizacións»

    Na segunda xornada da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» o venres 26 de outubro terá lugar a Feira Maker de 10:00h a 12:00h, onde os asistentes poderán coñecer todas as novidades sobre novas tecnoloxías e robótica da man de expertos do sector, grazas a conferencias e exhibicións, que contarán coas intervencións de Manuel Rodríguez, técnico de hardware de OPRobots e Alejandro Santos, técnico de Software de OPRobots.

    Ás 12:30h está prevista a realización dunha charla a cargo de Óscar Rodríguez, Coordinador xeral de Ledisson Ait, programación robótica, sobre «A disrupción laboral: unha verdade incómoda».

    Xa pola tarde, ás 16:00h a Escola Superor Gallaecia será a encargada da realización dunha charla sobre «Tecnologia vs Arte – Vídeo360º», a cargo de Emília Simão e Samuel Barbosa – Professores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia e Ensino Universitário.

    Para rematar esta segunda xornada da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín», ás 17:30h, Brais X. Currás Doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso Licenciada en Historia, falarán sobre «Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico».

    A terceira e derradeira xornada terá lugar o sábado 27 de outubro cunha Feira de Empresas do sector que comezará ás 10:00h e se estenderá ao longo da mañá, con presentacións das empresas da comarca cun perfil innovador baixo a moderación de Susana Rodríguez, Coach e psicóloga social. Tamén se contará coa ponencia de María Caeiro, Conselleira Delegada Grupo Caeiro, que ás 11:00h falará sobre a «Nova perspectiva nos Recursos humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica».

    A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño.

    O proxecto conta cunha páxina web (www.imaxinaguarda.com) na que se irá ampliando informacións de interese sobre este Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

    PROGRAMA TECNOIMAXÍN – CONCELLO DA GUARDA

    XOVES 25 OUTUBRO

    MAÑÁ
    Acto inaugural – 10:00 horas
    David Regades Delegado da Zona Franca de Vigo

    OBRADOIRO 10:15 – 13:00 horas
    Competencias emocionais para afrontar un futuro laboral dixitalizado
    Gema Sánchez- Cabezudo
    Coach, formadora e Psicopedagoga

    TARDE

    18:30 – Proxectos da Zona Franca de Vigo
    Débora Ramonde, Directora de Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo

    19:00 a 20:30 A felicidade nas novas organizacións
    Jaume Gurt , Director de Organización e Desenvolvemento de persoas Schibsted Spain (formada polas marcas InfoJobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios
    Autor Blog Un Ceo sin corbata

    VENRES 26 OUTUBRO

    FEIRA MAKER ( feira de tecnoloxía, robótica, …)
    Conferencia/exhibición 10:00/12:00 Robótica de competición e formación por OPRobots
    Manuel Rodríguez (técnico de hardware de OPRobots) e Alejandro Santos (técnico de Software de OPRobots) Contarán con robots durante todo o día no seu stand

    12:30 / 13:30
    Óscar Rodríguez Coordinador xeral de Ledisson Ait, programación robótica,
    A DISRUPCIÓN LABORAL: UNHA VERDADE INCÓMODA
    Novos perfiles, actitudes, aptitudes nos novos entornos laborais

    TARDE

    16:00-17:30 ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA
    Emília Simão & Samuel Barbosa – Professores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia | Ensino Universitário
    Tecnologia vs Arte – Vídeo360º

    17:30-18:00 Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico
    Brais X. Currás Doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso Licenciada en Historia

    SÁBADO 27 DE OUTUBRO

    DURANTE TODA A MAÑÁ 10:00 / 14 horas
    Feira de empresas
    11:00/12:00 Nova perspectiva nos Recursos humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica
    María Caeiro, Conselleira Delegada Grupo Caeiro
    Vicepresidenta de M.Caeiro S.A.

    Presentacións das empresas: empresas da comarca cun rasgo innovador
    Conduce Susana Rodríguez
    Coach e psicóloga social

    A Guarda prepárase para acoller os días 25, 26 e 27 de outubro unhas xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía baixo o proxecto «Tecnoimaxín», que traerá á Guarda a especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial.

    Tag:A Guarda, Emprego, feira de emprego, Formación, novas tecnoloxías, tecnoimaxín

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Subdelegada do Goberno en Pontevedra anuncia na Guarda o inicio dos trámites para a solución dos destrozos no litoral do Río Miño
    9 Outubro, 2018

    Seguinte nova

    Inicio das DEPORTE Escolas e estrea do novo céspede do Estadio Municipal da Sangriña na Guarda
    10 Outubro, 2018

    Tamén te poden gustar

    • Convócase un pleno extraordinario urxente para este martes
      9 Xuño, 2025
    • O autobús de ADOS estará o próximo xoves na Guarda
      5 Maio, 2025
    • A Guarda recuperou a normalidade tras máis de 18 horas de apagón
      30 Abril, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web