Unha empresa especializada encargarase de revisar os composteiros repartidos nos últimos anos
O Concello da Guarda, a través da Deputación de Pontevedra eo Plan Revitaliza, inicia a partir do día 10 de abril de 2023 as visitas de revisión aos composteiro repartidos nestes últimos anos.
A empresa Sistemas Medioambientais será a encargada de facer as visitas, e poranse en contacto coas persoas que teñen Composteiros nas súas vivendas e concretaran unha visita onde poder resolver dúbidas e asesorar nun uso axeitado do composteiro, ademais de ver se os veciños precitan ampliar o seu número de composteiros.