Visita as pistas de Petanca do Codesal
O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Vías e Servizos, Miguel Español e o Alcalde Pedáneo da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez, visitaron na xornada do pasado sábado día 16 de marzo a ampliación das pistas deportivas para a práctica de Petanca no Codesal, en Camposancos.
Estas instalacións veñen de ampliarse con dous novos campos, contando na actualidade cun total de 6 campos reglamentarios de 4×15, empregados polos máis de 40 membros do Clube de Petanca O Caldeiro, o primeiro clube para a práctica deste deporte na Comarca do Baixo Miño.
O Concello da Guarda e a Asociación O Caldeiro traballan conxuntamente para favorecer a práctica deste deporte no municipio, deporte cun gran auxe nos últimos tempos, contando na Guarda con 23 deportistas federados.
Tag:A Guarda, Codesal, Deporte, o caldeiro, Petanca