Xa se pode pedir permiso para realizar as fogueiras de San Xoán 2025
Achéganse San Xoán e San Pedro e, con estas festividades, as súas tradicionais fogueiras. Por iso, o Concello recorda que é preciso comunicar a súa realización a través do rexistro presencial (1ª planta) ou da sede electrónica para realizar unha cacharela.
Para solicitar o permiso as asociacións e particulares terán ata o luns día 23 ás 14:00h, no caso das fogueiras en honra de San Xoán e ata o venres 27 ás 14:00h, no caso das cacharelas pola festividade de San Pedro.
Todas as persoas solicitantes deberán deberán indicar a localización fogueira e presentar unha declaración responsable. Na sede electrónica debe presentarse como instancia xeral e, de xeito presencial, existe un modelo para encher no rexistro do Concello e na Policía Local.
Con isto, o Concello da Guarda quere asegurar unha celebración divertida e segura para todos.