RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
 
 
Padroado municipal Monte Santa Trega
A acta de fundación data do 4 de febreiro de 1993 e ten como antecedente a Sociedade Pro-Monte. O Padroado é un organismo público con personalidade xurídica propia e patrimonio especial.que ten por finalidade a conservación e protección do monte Santa Trega, declarado no 1931 Ben de Interese Cultural. Os estatutos establecen entre as súas funcións, as seguintes:
 
a) Organizar actos encamiñados a promoción do turismo.
b) Realizar xestións e accións destinadas á mellora e conservación do monte Santa Trega.
c) Colaborar na conservación e mantemento dos xacementos arqueolóxicos existentes no monte.
d) Promover obras de consolidación e mellora dos xacementos arqueolóxicos.
e) Coordinar o labor nestes campos coas Consellerías con competencia na materia, outros municipios, entidades nacionais e estranxeiras, tendentes ó cumprimento das finalidades do Padroado.
f) En xeral, cantos asuntos relacionados co Monte de Santa Trega, dende un punto de vista arqueolóxico, forestal de servizos e turismo, que sexa de interese para o Monte Santa Trega.

Na actualidade o Padroado municipal conta con 14 membros, que son:
D. JOSE MANUEL DOMÍNGUEZ FREITAS alcalde da Guarda
D. M. JAVIER CRESPO GONZÁLEZ representante do GMS
DNA. Mª DE FÁTIMA IGLESIAS FERREIRA representante do PP
D. XAN LOIS LOMBA ALONSO representante do BNG
D. CELSO JUAN RODRÍGUEZ FARIÑAS representante do TG-IV
D. JOSE VICENTE FERREIRA representante da CM da Guarda
D. MANUEL CASTRO VICENTE representante da CM da Guarda
D. ÁLVARO MARTINEZ CARRERO representante da CM de Camposancos
D. FERNANDO LORENZO GONZÁLEZ representante da CM de Camposancos
D. RAFAEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ representante da ELM de Camposancos
D. ANGEL SOLIÑO FERNÁNDEZ representante da Irmandade do Clamor
D. FERNANDO CASTRO HERNÁNDEZ representante Cons. de Medio Rural
D. VÍCTOR BARBI ALONSO representante da Cons. de Cultura
D. JESÚS MARÍA FERNÁNDEZ PORTELA representante da Deputación de Pontevedra
 
Parcialmente soleado
31 °C
 
Axenda
Novas
Fotos / Videos
Reportaxes Gráficas
Foro Navegaguarda
Perfil do contratante
Monte Santa Trega
Portal do Cidadán
Rúa Praza do Reló Nº 1
36780 A Guarda
986 610 000