O Concello da Guarda e o IES da Sangriña asinan un convenio para a utilización do pavillón escolar
O pasado mes de decembro o Director do IES A Sangriña, Carlos Alonso Rey, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, asinaron un convenio de colaboración para a utilización do pavillón de deportes en horario extraescolar. Desta maneira, poderán desenvolverse nas isntalacións eventos organizados polo Concello ou impulsados polas asociacións deportivas locais inscritas no rexistro municipal de asociacións, sempre que as actividades se leven a cabo fora do horario lectivo. O Concello comprométese a colaborar no mantemento e dotación de equipamento deportivo destas instalacións, que tamén estará a disposición do alumnado do centro.
Tag:Asociacións, Convenio, Deporte, IES A Sangriña, Pavillón