(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • José Miñones apoia a mellora da mobilidade transfronteiriza entre A Guarda e Caminha como conexión costeira entre España e Portugal

    José Miñones apoia a mellora da mobilidade transfronteiriza entre A Guarda e Caminha como conexión costeira entre España e Portugal

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 26 Agosto, 2021

    – O Ministerio para a Transición Ecolóxica está implicado na protección do litoral da Guarda, afectado pola dinámica da desembocadura do Miño
    – O campo de concentración de Camposancos conta cunha achega do Goberno para lembrar a historia dos 2.000 presos e 50 asasinados
    – A Guarda conta coa protección especial da figura Rede Natura 2000, que garante o coidado nas actuacións
    – A visita do delegado inclúe o campo de concentración de Camposancos e as praias de Armona e Muíño
    O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, apoiou hoxe a mellora da mobilidade transfronteiriza entre A Guarda e Caminha como conexión costeira entre España e Portugal. Expresouse así tras reunirse co alcalde, Antonio Lomba, acompañado pola subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba, e antes de facer un percorrido polo concello.
    José Miñones explicou que a Agrupación de Cooperación Transfronteiriza, dependente da Deputación de Pontevedra, realizará un estudo sobre as posibilidades de mellora da mobilidade entre as dúas beiras do Miño. “Consideramos que pode ser moi interesante para cohesionar as localidades de Caminha e da Guarda”, destacou.
    Tanto o delegado do Goberno como o alcalde están pendentes da conclusión deste estudo porque consideran que a veciñanza de ambos lados do río ten dereito “a manter unha mobilidade sostible e que ademais favoreza o tránsito do Camiño Portugués pola costa”, abundou.
    José Miñones detallou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica está implicado na protección litoral da Guarda, afectado pola dinámica da desembocadura do Miño. De feito, entende que unha das principais problemáticas está vinculada co litoral, no que actúa o Goberno.
    Un exemplo é a Praia da Lamiña, onde Costas creou un dique por 130.000 euros con 90 metros de lonxitude. O obxectivo é evitar riscos vencellados con indundacións ante a acción do mar. Ademais, A Guarda conta coa protección especial da figura Rede Natura 2000, que garante o coidado nas actuacións.
    No concello tamén está o campo de concentración de Camposancos, utilizado durante a Guerra Civil. Esta instalación conta cunha achega do Goberno, a través da Secretaría de Estado de Memoria Democrática, para lembrar a historia dos 2.000 presos e 50 asasinados. Corresponde á primeira liña de achegas deste ámbito que chega a Galicia.
    A visita do delegado e a subdelegada en Pontevedra incluíu o campo de concentración de Camposancos e as praias de Armona e Muíño. Alí puideron coñecer de primeira man a situación, acompañados polo alcalde, Antonio Lomba.

    Tag:A Guarda, alcalde da guarda, Antonio Lomba, delegado do goberno, jose miñones, maica larriba, subdelegada do goberno en pontevedra, visita institucional

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda pecha o mes de agosto cunha fin de semana cargada de música
    26 Agosto, 2021

    Seguinte nova

    As teatralizacións no Trega amplían as súas datas nas primeiras semanas de setembro
    27 Agosto, 2021

    Tamén te poden gustar

    • O autobús de ADOS estará o próximo xoves na Guarda
      5 Maio, 2025
    • A Guarda recuperou a normalidade tras máis de 18 horas de apagón
      30 Abril, 2025
    • O alcalde da Guarda solicita unha dragaxe urxente do río Miño e favorecer á súa recuperación
      27 Marzo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web