(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Deporte

    • Inicio
    • Deporte
    • XI Gala do Deporte: Máis de 30 premios para celebrar a «boa saúde» do deporte na vila

    XI Gala do Deporte: Máis de 30 premios para celebrar a «boa saúde» do deporte na vila

    • Publicado por prensa
    • Categorías Deporte
    • Date 24 Febreiro, 2018
    • Comentarios 0 comentarios

    O xornalista Terio Carrera dirixiu o evento, no que se premiaron a máis de 30 persoas pola súa contribución ao deporte local no ámbito do judo, a natación, o balonmán, o hockey, a petanca, o atletismo, o fútbol, o ciclismo e o remo.

    O Centro Cultural encheuse onte para celebrar os logros e méritos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas do municipio, na XI Gala do Deporte guardés.

    A gala comezou coa reproducción dunha montaxe audiovisual coa que o público reviviu a emoción que, en maio de 2017, alagou o pabillón da Sangriña tras a victoria do Mecalia Atlético Guardés na Liga Loterías. Esta é, segundo relatou  o presentador, Terio Carrea, unha mostra da «boa saúde da que goza o deporte na Guarda».

    A actriz Beatriz Campos tamén participu no evento -amadriñado pola xogadora e capitana do Atlético Guardés, Estela Doiro-  cun monólogo humorístico centrado nas súas propias habilidades deportivas e nos mitos que rodean ao popular presentador da gala.

    Atletismo e hockey

    A entrega de premios incluíu o recoñecemento aos atletas guardeses máis detacados, da man do presidente do Club de Tenis Codesal, Javier del Amo. Así, animouse a subir ao escenario ao «home máis rápido da Guarda», o velocista Sergio Rodríguez, que ven de conseguir o seu duodécimo título de Campión Galego Absoluto; a atleta Elsa pena, aínda cun nocello mancado tras a victoria acadada fai uns días no Campionado Galego; os veteranos atletas Antonio Pena e Manuel Flores, campiones galegos nas súas respectivas categorías; e os irmáns Álex e Cristian Sierpes, novos atletas que acumulan xa numerosos recoñecementos e veñen de compartir podio no XXIX Campionato Galego de Marcha en Ruta.

    • XI Gala do Deporte O xornalista deportivo Terio Carrera, presentador da Gala.
    • XI Gala do Deporte A actriz Beatriz Campos durante o seu monólogo humorístico.
    • XI Gala do Deporte O velocista Sergio Rodríguez
    • XI Gala do Deporte Os atletas Sergio Rodríguez, Elsa Pena, Manuel Flores, Antonio Pena, Cristian Sierpes e Álex Sierpes.
    • XI Gala do Deporte Sheila Silva, Pablo Castro e Claudia Rial, xogadores de A Guarda Hockey Liña
    • XI Gala do Deporte Os remeiros do Club San Xerome, Luis Antonio Sandez e Borja Cadilla

    O equipo de atletismo do Club San Xerome, composto por Luis Antonio Sandez, Borja Cadilla e Armando Verde, recibiu tamén un merecido recoñecemento, grazas ao bronce acadado polos tres deportistas no Campionato de España de campo a través en 2017.

    Os xogadores do equipo A Guarda Hockey Liña, Sheila Silva, Pablo Castro, Claudia Rial e Lucas Moreira, recibiron un premio da man do xefe de servizo provincial de Deportes, Daniel Benavides, pola súa recente convocatoria na Selección Galega de Hockey Liña. A nai de Lucas Moreira foi a encargada de recoller o premio do xogador, ausente na gala por mor doutros compromisos deportivos.

    Ciclismo, judo e remo

    Mª Concepción Ortega, membro da Corporación Municipal, foi a encargada de entregar os recoñecementos ás judocas Tecla Cadilla (ausente na gala), actual campioa da Supercopa de España na categoría -57 kg; e Verónica Pérez, subcampeoa de España infantil en -44 kg; e o tamén judoca Brais Pereira, medalla de prata na Copa de España Júnior na categoría -81 kg. A eles uníronse a recoñecida ciclista de ciclocross Montserrat Martínez e o tamén ciclista Aser Estévez, gañador autonómico no ránking de carretera en categoría Élite.

    O remeiro Damián Alonso, que ven de gañar dous ouros e un bronce no Campionato do Mundo de Remo Indoor, recolleu un merecido premio polo éxito europeo acadado o pasado ano da man de Jorge Pazos, ao igual que os remeiros de San Xerome-Robaleira, Jaime Álvarez e Rosa Álvarez, campiones ambos de remoergómetro adaptado a nivel nacional. Igualmente, recoñeceuse o traballo do remeiro Rodrigo Conde, actual subcampión de España de remoergómetro, e o veterano Jesús González, bronce no Campionato de España de remoergómetro, malia que ambos desculparon a súa asencia por cuestións de axenda.

    Impulsores do deporte local

    A gala tamén agradeceu o labor de persoas que, como Serafín González, contribuíron co seu labor á promoción do deporte na vila. Así, a concelleira Teresa Vicente entregou ao exdirectivo do Club de Remo Robaleira un agasallo co que se recoñeceu a súa traxectoria ao fronte da entidade ata o 2017. De igual xeito, Andrés Mirás subiu ao escenario para recibir un recoñecemento polo seu labor como impulsor da petanca na vila, un deporte que gaña adeptos e conta na actualidade con catro novas pistas para a súa práctica no antigo campo de fútbol do Codesal.

    • XI Gala do Deporte O remeiro Damián Alonso
    • XI Gala do Deporte Os judocas Verónica Pérez e Brais Pereira, e os ciclistas Aser Estévez e Montserrat Martínez
    • XI Gala do Deporte Os remeiros do Club San Xerome-Robaleira, Jaime Álvarez e Rosa Álvarez
    • XI Gala do Deporte Valentín Carrero
    • XI Gala do Deporte Serafín González
    • XI Gala do Deporte Joaquín Cadilla, presidente de ORPAGU
    • XI Gala do Deporte Andrés Mirás, impulsor do campo de petanca

    Nesta mesma liña, Valentín Carrero e José Ignacio del Pozo (este último ausente), recibiron un agasallo en agradecemento por retomar a andaina do equipo Gimnástico Deportivo Miño dende o ano 1997 ata o 2017; e a Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) tamén participou no evento en calidade de premiado, polo seu apoio ao deporte local a través do patrocinio ao Club de Balonmán Atlético Guardés. Joaquín Cadilla, en representación da organización, foi o encargado de recoller o galardón, entregado pola concelleira guardesa e deputada provincial, Montserrat Magallanes.

    Natación e Balonmán

    A natación tamén tivo cabida no evento deportivo, co recoñecemento aos éxitos a nivel autonómico acadados pola nadadora guardesa Rosalía Soler. Deseguido, recoñeceuse os logros no ámbito do balonmán, co Atlético guardés como gran protagonista. Así, en primeiro lugar, dedicouse unha caloroso recoñecemento á madriña do evento e, xunto a ela, premiouse á cadete do Atlético Guardés e xogadora da selección galega, Ithaisa Trigo; «o presente e o futuro no balonmán», referiu Terio Carrera.

    Finalizando a gala, sumáronse á celebración no escenario  a xogadora Ana Rodrígues «Portu», o presidente José Manuel Silva e o membro da directiva, Juan Rodríguez,  que recibiron un galardón en representación do Club de Balonmán Mecalia Atlético Guardés, gran símbolo do éxito e o deporte na vila.

    • XI Gala do Deporte Premiados na XI Gala do Deporte
    • XI Gala do Deporte Membros do xurado: Ana, Jorge e Javier.
    • XI Gala do Deporte Estela Doiro e Ithaisa Trigo, do Mecalia Atlético Guardés
    • XI Gala do Deporte Estela Doiro e Antonio Lomba
    • XI Gala do Deporte José Manuel Silva, Antonio Lomba, Estela Doiro, Ana Rodrígues e Juan Rodríguez

    O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, quixo pechar esta undécima Gala do Deporte dando á benvida ás novas entidades e asociacións deportivas de baloncesto, petanca e volei praia, que veñen de  crearse na Guarda. Así mesmo, o rexedor local anunciou a creación de novas instalacións deportivas, tales como un ‘training box’ e unha nova pista de skate, coas que se contrinuirá á práctica destes deportes.

    Tag:Atletismo, Balonmán, Ciclismo, Fútbol, Judo, Natación, Remo, XI Gala do Deporte

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O novo calendario de andainas para 2018 inclúe oito rutas por Galicia e Portugal
    24 Febreiro, 2018

    Seguinte nova

    Horario do transbordador A Guarda – Caminha do martes 27 de febreiro ao domingo 4 de marzo
    26 Febreiro, 2018

    Tamén te poden gustar

    • O Trail do Trega prepárase para celebrar a súa décima edición
      O Trail do Trega prepárase para celebrar a súa décima edición
      16 Novembro, 2023
    • Charla-coloquio co triple Campión do Mundo de Trail Luis Alberto Hernando na Guarda
      Charla-coloquio co triple Campión do Mundo de Trail Luis Alberto Hernando na Guarda
      10 Novembro, 2023
    • Un campión do mundo na conquista do Trega
      Un campión do mundo na conquista do Trega
      27 Outubro, 2023

    Deixa un comentario Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xeráis
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web