(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Deporte

    • Home
    • Deporte
    • XI Gala do Deporte: Máis de 30 premios para celebrar a «boa saúde» do deporte na vila

    XI Gala do Deporte: Máis de 30 premios para celebrar a «boa saúde» do deporte na vila

    • Posted by prensa
    • Categories Deporte
    • Date 24 February, 2018

    O xornalista Terio Carrera dirixiu o evento, no que se premiaron a máis de 30 persoas pola súa contribución ao deporte local no ámbito do judo, a natación, o balonmán, o hockey, a petanca, o atletismo, o fútbol, o ciclismo e o remo.

    O Centro Cultural encheuse onte para celebrar os logros e méritos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas do municipio, na XI Gala do Deporte guardés.

    A gala comezou coa reproducción dunha montaxe audiovisual coa que o público reviviu a emoción que, en maio de 2017, alagou o pabillón da Sangriña tras a victoria do Mecalia Atlético Guardés na Liga Loterías. Esta é, segundo relatou  o presentador, Terio Carrea, unha mostra da «boa saúde da que goza o deporte na Guarda».

    A actriz Beatriz Campos tamén participu no evento -amadriñado pola xogadora e capitana do Atlético Guardés, Estela Doiro-  cun monólogo humorístico centrado nas súas propias habilidades deportivas e nos mitos que rodean ao popular presentador da gala.

    Atletismo e hockey

    A entrega de premios incluíu o recoñecemento aos atletas guardeses máis detacados, da man do presidente do Club de Tenis Codesal, Javier del Amo. Así, animouse a subir ao escenario ao «home máis rápido da Guarda», o velocista Sergio Rodríguez, que ven de conseguir o seu duodécimo título de Campión Galego Absoluto; a atleta Elsa pena, aínda cun nocello mancado tras a victoria acadada fai uns días no Campionado Galego; os veteranos atletas Antonio Pena e Manuel Flores, campiones galegos nas súas respectivas categorías; e os irmáns Álex e Cristian Sierpes, novos atletas que acumulan xa numerosos recoñecementos e veñen de compartir podio no XXIX Campionato Galego de Marcha en Ruta.

      O equipo de atletismo do Club San Xerome, composto por Luis Antonio Sandez, Borja Cadilla e Armando Verde, recibiu tamén un merecido recoñecemento, grazas ao bronce acadado polos tres deportistas no Campionato de España de campo a través en 2017.

      Os xogadores do equipo A Guarda Hockey Liña, Sheila Silva, Pablo Castro, Claudia Rial e Lucas Moreira, recibiron un premio da man do xefe de servizo provincial de Deportes, Daniel Benavides, pola súa recente convocatoria na Selección Galega de Hockey Liña. A nai de Lucas Moreira foi a encargada de recoller o premio do xogador, ausente na gala por mor doutros compromisos deportivos.

      Ciclismo, judo e remo

      Mª Concepción Ortega, membro da Corporación Municipal, foi a encargada de entregar os recoñecementos ás judocas Tecla Cadilla (ausente na gala), actual campioa da Supercopa de España na categoría -57 kg; e Verónica Pérez, subcampeoa de España infantil en -44 kg; e o tamén judoca Brais Pereira, medalla de prata na Copa de España Júnior na categoría -81 kg. A eles uníronse a recoñecida ciclista de ciclocross Montserrat Martínez e o tamén ciclista Aser Estévez, gañador autonómico no ránking de carretera en categoría Élite.

      O remeiro Damián Alonso, que ven de gañar dous ouros e un bronce no Campionato do Mundo de Remo Indoor, recolleu un merecido premio polo éxito europeo acadado o pasado ano da man de Jorge Pazos, ao igual que os remeiros de San Xerome-Robaleira, Jaime Álvarez e Rosa Álvarez, campiones ambos de remoergómetro adaptado a nivel nacional. Igualmente, recoñeceuse o traballo do remeiro Rodrigo Conde, actual subcampión de España de remoergómetro, e o veterano Jesús González, bronce no Campionato de España de remoergómetro, malia que ambos desculparon a súa asencia por cuestións de axenda.

      Impulsores do deporte local

      A gala tamén agradeceu o labor de persoas que, como Serafín González, contribuíron co seu labor á promoción do deporte na vila. Así, a concelleira Teresa Vicente entregou ao exdirectivo do Club de Remo Robaleira un agasallo co que se recoñeceu a súa traxectoria ao fronte da entidade ata o 2017. De igual xeito, Andrés Mirás subiu ao escenario para recibir un recoñecemento polo seu labor como impulsor da petanca na vila, un deporte que gaña adeptos e conta na actualidade con catro novas pistas para a súa práctica no antigo campo de fútbol do Codesal.

        Nesta mesma liña, Valentín Carrero e José Ignacio del Pozo (este último ausente), recibiron un agasallo en agradecemento por retomar a andaina do equipo Gimnástico Deportivo Miño dende o ano 1997 ata o 2017; e a Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) tamén participou no evento en calidade de premiado, polo seu apoio ao deporte local a través do patrocinio ao Club de Balonmán Atlético Guardés. Joaquín Cadilla, en representación da organización, foi o encargado de recoller o galardón, entregado pola concelleira guardesa e deputada provincial, Montserrat Magallanes.

        Natación e Balonmán

        A natación tamén tivo cabida no evento deportivo, co recoñecemento aos éxitos a nivel autonómico acadados pola nadadora guardesa Rosalía Soler. Deseguido, recoñeceuse os logros no ámbito do balonmán, co Atlético guardés como gran protagonista. Así, en primeiro lugar, dedicouse unha caloroso recoñecemento á madriña do evento e, xunto a ela, premiouse á cadete do Atlético Guardés e xogadora da selección galega, Ithaisa Trigo; «o presente e o futuro no balonmán», referiu Terio Carrera.

        Finalizando a gala, sumáronse á celebración no escenario  a xogadora Ana Rodrígues «Portu», o presidente José Manuel Silva e o membro da directiva, Juan Rodríguez,  que recibiron un galardón en representación do Club de Balonmán Mecalia Atlético Guardés, gran símbolo do éxito e o deporte na vila.

          O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, quixo pechar esta undécima Gala do Deporte dando á benvida ás novas entidades e asociacións deportivas de baloncesto, petanca e volei praia, que veñen de  crearse na Guarda. Así mesmo, o rexedor local anunciou a creación de novas instalacións deportivas, tales como un ‘training box’ e unha nova pista de skate, coas que se contrinuirá á práctica destes deportes.

          Tag:Atletismo, Balonmán, Ciclismo, Fútbol, Judo, Natación, Remo, XI Gala do Deporte

          • Share:
          prensa

          Previous post

          O novo calendario de andainas para 2018 inclúe oito rutas por Galicia e Portugal
          24 February, 2018

          Next post

          Horario do transbordador A Guarda – Caminha do martes 27 de febreiro ao domingo 4 de marzo
          26 February, 2018

          You may also like

          • Máis de 420 xoves judokas competirán este sábado na Guarda
            30 April, 2025
          • A Guarda arrancará o verán co II Trail Camposancos ó solpor
            25 April, 2025
          • O Clinic do Celta forma na Guarda a 26 rapaces de 4 a 14 anos
            16 April, 2025

          Search

          Categories

          • General
          • Highways and works
          • Tourism
          • Uncategorized
          • Women

          Rebulindo

          • Móvete (Actividade física)
          • Lemos Xuntos?
          • Dalle ó Play
          • Coñece a vila!
          • A vida é xogo
          • Acion (Formación)
          Logo Concello de A Guarda

          (+34) 986 610 000

          (+34) 986 610 283

          alcaldia@aguarda.es

          MOBILE APP

          You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

          A Guarda IOS application
          A Guarda Android application

          Council

          • Write to the Mayor
          • Schedules of Interest
          • Sede Electrónica

          Información

          • Associations and Groups
          • Phones of interest
          • Emergency Pharmacy

          Recommended

          • Events
          • News

          © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

          • Legal notice
          • Cookies policy
          • Privacy Policy