Back

PRESENTACIÓN DO LIBRO “ALEJANDRO VIANA. UN GALEGO Á FRONTE DO RESCATE DOS REFUXIADOS REPUBLICANOS”, DE ROBERTO MERA COVA

This event has expired

Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego.

Roberto Mera narra neste libro a extraordinaria odisea iniciada o 18 de xullo de 1936 polo seu tío bisavó, recuperando para a historia a proeza dun home íntegro e entregado aos demais.

O autor acadou no 2022 o Premio Antón Losada Diéguez de Investigación por este traballo.

Organiza: Editorial Belagua