Back

O Concello continúa promovendo a compostaxe con charlas informativas

This event has expired

O Concello da Guarda continúa co seu obxectivo de mellorar o aproveitamento dos recursos e a separación e xestión de residuos. Por iso, este xoves 15 de xaneiroás 19:00h haberá unha charla sobre a compostaxe na Casa da Entidade Local Menor de Camposancos.

Mentres tanto, o Concello da Guarda segue a repartir composteiros de xeito gratuíto entre os veciños e veciñas. As persoas interesadas en obter un composteiro, poden solicitalo a través de medioambiente@aguarda.es ou no 986 61 00 00.