O Concello da Guarda segue apostando pola conciliación familiar cun campamento para as vacacións escolares de Semana Santa. Este campamento estará cheo de actividades lúdicas para as crianzas do municipio. É de carácter gratuíto e ten como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo.
Para máis información: https://www.aguarda.es/o-conciliaguarda-semana-santa-abrira-o-venres-6-o-prazo-de-solicitudes/
















