Dentro do proxecto “Os precursores a escena” co que o Concello da Guarda busca reivindicar a figura daquelas persoas que traballaron pola dignificación da nosa lingua e da nosa cultura, virá A Guarda esta proposta teatral que rescata o proceso xudicial ao que foi sometido Curros Enríquez pola publicación duns versos anticlericais
A obra, escrita e dirixida por Cándido Pazó, aborda o asunto con mirada cómica pero sen faltar ao rigor histórico
Para acudir a esta función será preciso retirar entradas previamente, ben a través do enlace que figura mais abaixo. Haberá un número limitado de entradas para poder retirar físicamente unha hora antes da función
https://www.eventbrite.es/e/entradas-obra-teatral-o-proceso-2001162438724