(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xerais

    • Home
    • Xerais
    • O ALCALDE DA GUARDA, ANTONIO LOMBA, RECIBIU NO CONCELLO O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA, JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS

    O ALCALDE DA GUARDA, ANTONIO LOMBA, RECIBIU NO CONCELLO O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA, JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS

    • Posted by Concello
    • Categories Xerais
    • Date 14 July, 2015

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu esta mañá no Concello a visita do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
    Este encontro está enmarcado dentro da axenda de visitas que Cores Tourís ten fixadas en todas as localidades pontevedresas que nas últimas eleccións cambiaron de alcalde.

    Este encontro, que tivo lugar no despacho do Alcalde, Antonio Lomba o aproveitou para trasladarlle o Delegado Territorial da Xunta, as diversas peticións dos veciños e veciñas da Guarda.

    A primeira das demandas foi que a vila sexa incluída dentro do transporte metropolitano para poder abaratar os custos das viaxes de todos eses veciños e veciñas que teñen que trasladarse a Vigo ou a Tui con regularidade.
    Seguindo esta liña, o alcalde, comentou a importancia do remate da vía de alta capacidade que una a Guarda con Tui. “Esta é unha petición primordial, tanto a nivel sanitario coma laboral”, comentou Lomba. O alcalde afirmou que é moito o tempo que leva, por exemplo trasladarse a Porriño ou a Vigo. Cores Tourís, atento a esta petición, afirmou que el mesmo o notara á hora de chegar a dita visita.
    Con estas dúas demandas, afirmou o alcalde, trataríase de fixar poboación na Guarda, e intentar que por motivos de traballo non tiveran que trasladarse a vivir a outra localidade.

    Antonio Lomba aproveitou esta cita para informarlle que, nos próximos días, lle farán chegar á Xunta o proxecto de acceso a praia do Muíño. Neste  proxecto se ordenará o tráfico grazas a unha rotonda, se reordenarán os aparcamentos e se mellorará a fachada da praia. Sobre este punto Cores Tourís dixo estar informado e a espera de recibilo para poder tomar unha decisión.

    O alcalde falou tamén do proxecto de instalación do polígono industrial A Guarda – Rosal, demandado e necesario tanto para as empresas da zona como para reducir a taxa de paro. Lomba falou ademais da instalación dun auditorio multiusos na localidade, edificio moi demandado polos veciños e veciñas xa que son moitos os eventos que se celebran na Guarda e pouco o aforo dos espazos dispoñibles.

    Lomba recordou ademais có Concello está pendente dun proxecto de reforma da Praza de Abastos. En este punto, o delegado da Xunta en Pontevedra, comentou que “nos próximos días” recibirán a resolución destas axudas xa que están “totalmente valoradas”.

    Por último, o alcalde da Guarda, trasladoulle a Cores Tourís a necesidade de mobiliario para o novo edificio que fará as funcións de Concello, a Casa dos Alonso. O delegado da Xunta comentou que aínda non sabían se este ano sairían axudas para este tipo de partidas pero que, se tiveran algunha información ó respecto, lla trasladaría.

    Neste encontro cordial entre Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Cores Tourís, o delegado da Xunta púxose a dispoñibilidade do Concello para todas aquelas demandas nas que puideran axudar. “Imos vendo todos os proxectos e terás noticias nosas en canto poidamos”, díxolle Cores Tourís.

    Na cita tamén houbo tempo para falar dunha maneira distendida nos éxitos conseguidos, por exemplo, polo equipo feminino de balonmán da Guarda.

     

    • Share:
    Concello

    Previous post

    ANTE A PREVISIÓN DE CHUVIA A CHARLA DE “DIÁLOGOS EN EDUCACIÓN” TRASLÁDASE Ó CENTRO CULTURAL
    14 July, 2015

    Next post

    ESTE XOVES DÍA 3, ARACELI SERANTES, DOUTORA EN PSICOPEDAGOXÍA,SERÁ A ENCARGADA DE CONDUCIR A CHARLA “A CONCIENCIA AMBIENTAL: UNHA NECESIDADE SOCIAL E UN RETO EDUCATIVO” DENTRO DO CICLO “DIÁLOGOS EN EDUCACIÓN”
    2 September, 2015

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy