Sesións de “Cinema en familia” no centro cultural da Guarda
A primeira cita é este sábado ás 17,30 horas
O concello da Guarda organiza, unha vez máis, sesións de cinema en familia no salón de actos do Centro Cultural.
A primeira das proxeccións será este sábado, 17 de outubro, ás 17,30 horas. A película programada é “As aventuras de Peaboy e Sherman”. No filme el Sr. Peabody, non é un can normal senón que é un inventor que logra construír unha máquina do tempo. O seu fillo adoptivo Sherman máis el viaxan no tempo para experimentar diferentes acontecementos que cambiaron o rumbo da historia, pero todo cambia cando Sherman racha coas regras da viaxe e poden perder o futuro.
A seguinte cita será o sábado 14 de novembro no mesmo horario. Nesta ocasión o filme escollido é “Maléfica”. A historia que se cambia nesta película é a mesma que en “La bella durmiente” pero cun importante cambio: a perspectiva dende onde se narran os acontecementos. Esta vez a historia se ve dende o punto de vista da perversa villana Maléfica. O seu corazón non foi sempre tan duro senón que houbo acontecementos que a levaron a crer que a maldición sobre Aurora era a mellor opción.
A entrada para ambas películas é de balde. Neste caso non fai falla recoller tícket con antelación.