(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xerais

    • Home
    • Xerais
    • O concello da Guarda demanda de portos de Galicia actuacións no porto e na pasaxe

    O concello da Guarda demanda de portos de Galicia actuacións no porto e na pasaxe

    • Posted by Concello
    • Categories Xerais
    • Date 27 October, 2015

    O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a segunda tenente de alcalde Montserrat Magallanes, tiveron a semana pasada unha reunión en Santiago co presidente de portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, para trasladarlle unha serie de demandas e facelo partícipe de varios proxectos que o concello da Guarda ten a intención de promover na zona portuaria.

    En primeiro lugar, o alcalde reclamou unha solución para evitar a libre circulación de vehículos e aparcamento na rúa peonil do porto. Neste punto entregoulle ao presidente un proxecto valorado da instalación dun bolardo retráctil como posible solución. José Durán pospuxo a decisión á valoración por parte dos técnicos comentando que este tema se volvería a tratar, xunto con outros, nunha reunión co xefe da zona sur.

    A continuación o alcalde expúxolle o problema da regulación de aparcamentos na rúa do porto no nivel inferior indicando, que en fins de semana e períodos de vacacións, moitos coches aparcan en zonas prohibidas e impiden a fluidez do tráfico. Neste punto non chegaron a unha solución. Diante da suxestión do concello de reforzar a vixilancia José Durán indicou que era imposible dispoñer de máis persoal para o porto da Guarda.

    Despois de tratar os problemas de tráfico e aparcamento o alcalde achegoulle o plano de reforma dos contedores soterrados do inicio da rúa do porto que contemplan o xiro das bocas, a recollida do lixo dende a zona rodada, e un muro de illamento coa zona peonil. O alcalde pediulle autorización e colaboración para a mencionada actuación sen conseguir ningún compromiso.

    Acto seguido os responsables municipais demandaron a reparación da instalación de alumeado público do paseo marítimo que leva ata o museo do mar. Indicando que este alumeado está fallando continuamente.

    O segundo bloque de demandas foron sobre a pasaxe. Solicitaron a revisión e reparación do peirao e da rampla de acceso ao Ferry. E tamén a autorización para volver a utilizar os tiraviras para as embarcacións que o ente portuario mandara retirar. Unha demanda que lle trasladaron os mariñeiros do río que pronto empezarán coa campaña da lamprea.

    Por último, o alcalde trasladoulle a intención  do concello de redactar un proxecto para ordenar o entorno da atalaia e de acometer o pintado do espigón. Para ambas actuacións pediulle autorización e colaboración. De momento non se comprometeu coa colaboración e respecto as autorizacións, pediulles aos responsables municipais que achegaran un anteproxecto da actuación no entorno da atalaia, antes de tomar unha decisión.

    Ao remate da reunión quedaron en que portos organizaría unha xuntanza co xefe da zona sur, Mateo Ruibal, para concretar as actuacións e compromisos do ente público co porto e o concello da Guarda.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    “A GUARDA DOCE” MESTURA OS DOCES CUNHA GRAN OFERTA MUSICAL DAS DÚAS BEIRAS DO MIÑO
    27 October, 2015

    Next post

    A asociación +kArte anula o mercado de artesanía previsto na Praza de Abastos
    17 December, 2015

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy