(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda pecha o 2018 con actividades para todas as idades

    A Guarda pecha o 2018 con actividades para todas as idades

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Turismo, Xerais
    • Date 24 December, 2018
    A Guarda pecha o 2018 con actividades para todas as idades

    Continúa a programación de Nadal a Guarda con animación musical polas rúas, concertos, obradoiros de decoración, teatro, chocolatadas, pista de xeo, barferencia e moitas máis actividades que se estenden ata o 6 de xaneiro.

    O Mércores 26 de decembro a Casa dos Alonso acolle o Obradoiro infantil “Decora o teu Concello” no que nenos e nenas da vila participarán na decoración de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, as inscricións xa están pechadas.

    O Xoves 27 de decembro continúa a animación musical de rúa a cargo do grupo “Do Lusco ó Fusco” de 11:00h a 13:00h, unha maneira de dinamizar e incentivar as compras na vila, ademais contarase con chocolate quente de balde para todos os que visiten o Mercado da Praza de Abastos da localidade.

    Xa pola tarde do xoves 27 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural acolle a sesión de teatro “Tristán” a cargo da compañía Elegante Elefante, as entradas están dispoñibles dende o 17 de decembro no Centro Cultural. “Tristán” é un espectáculo visual dirixido ao público infantil dos 3 aos 12 anos, unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos e os personaxes falan nunha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción.

    Tamén o xoves 27 de decembro a Cafetería Alameda acolle ás 20:30h a segunda Barferencia de Inverno 2018, onde contarase coa presenza de Brais Currás e Mar Cortegoso, que falarán sobre as Paisaxes de sal na Costa Atlántica, ámbolos dous participaron e coordinaron as escavacións arqueolóxicas realizadas recentemente nas Salinas do Seixal baixo o Proxecto “A Guarda, Mar de Sal”.

    O venres 28 de decembro o Centro Cultural da Guarda acolle a sesión “Route 66” de Teatro-Clown musical para adultos da Compañía Blues Grampas, unha compañía de teatro en clave de clown musical composta por dous recoñecidos actores de longa traxectoria e experiencia no panorama escénico galego: Juanillo Esteban e Carlos Sante. Inicio ás 21:00h, recollida previa de entradas dende o 17 de decembro no Centro Cultural da Guarda.

    Para o sábado día 29 de decembro, a Charanga “Vaia Panda” será a encargada da amenización musical das rúas da vila entre as 11:00h e as 13:00h.

    Tamén o sábado 29 de decembro ás 12:00h o Centro Cultural da Guarda será o escenario dunha visita moi especial para os nenos nesta tempada de Nadal, “O Apalpador”. Neste espectáculo, para público familiar a partires dos 3 anos, creado a partir da tradición popular, un carboeiro que se alimentaba únicamente dos froitos do seu castiñeiro e que as xentes chaman o apalpador, conta aos miúdos porque no Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas. Retirada previa de entradas dende o 17 de decembro no Centro Cultural.

    Tag:A Guarda, Nadal, pista de xeo, programación

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A Guarda solicita unha subvención de máis de 900.000 € para renovar o alumeado público do municipio
    24 December, 2018

    Next post

    Ignacia Cadilla, a terceira muller de máis idade de Galicia, cumpre 109 anos na Guarda
    27 December, 2018

    You may also like

    • O Conservatorio de Música da Guarda celebra as súas xornadas de portas abertas do 25 ao 29 de maio
      22 May, 2026
    • A Agrupación Musical da Guarda pecha este sábado en Camposancos o ciclo “Concertos nas parroquias”
      22 May, 2026
    • A Guarda acolle a presentación do libro “Arredor do Ferruxo”
      21 May, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy