(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • A Guarda e Caminha firman o convenio para por en marcha a candidatura do Estuario do Miño coma Paisaxe Cultural Transfronteriza da UNESCO

    A Guarda e Caminha firman o convenio para por en marcha a candidatura do Estuario do Miño coma Paisaxe Cultural Transfronteriza da UNESCO

    • Posted by Concello
    • Categories Turismo
    • Date 4 March, 2016

    Os alcaldes de ambas vilas, Antonio Lomba e Miguel Alves, cren no potencial e no éxito desta proposta. Queren implicar a cidadanía con diferentes actividades conxuntas.

    Esta mañá, no Concello da Guarda, o alcalde Antonio Lomba xunto co Presidente da Càmara de Caminha Miguel Alves e Jordi Tresserras, coma representante da Universidade de Barcelona e redactores do proxecto, firmaron o convenio para por en marcha a candidatura do Estuario do Miño coma Paisaxe Cultural Transfronteriza da UNESCO.

    Neste acto formal o alcalde guardés, Antonio Lomba, afirmou que tras esta sinatura comeza o arduo traballo para que o este espazo singular chegue a formar parte do Patrimonio da Humanidade. Así de hoxe nun ano o que se proxecta é ser incluídos na Lista Indicativa para, tras un ano nesta lista como mínimo, presentarse á valoración da UNESCO e poder conseguir o título de Paisaxe Cultural Transfronteriza.

    “Nós temos fe e tamén confianza de que o conseguiremos” afirmou Lomba, quen non dubidou en subliñar a singularidade da paisaxe e o efecto positivo que ante os turistas e visitantes ten ver esta zona.

    O Presidente da Càmara de Caminha salientou que a relación entre as vilas do Estuario se formou grazas aos encontros e desencontros de dous pobos que agora “se abrazan” para conseguir esta candidatura. “É a nosa responsabilidade que esta zona se coñeza”, afirmou Miguel Alves.

    Pola súa banda, Jordi Tresserras recoñeceu que esta candidatura ten moito potencial. “Hai moita competencia pero se non pensara que esta candidatura ten éxito non apostaría por ela”, sentenciou.

    Primeiras actividades conxuntas

    Este é o punto de partida de diversas actividades e accións conxuntas arredor da candidatura do Estuario do Miño.

    Ademais da parte máis administrativa e da elaboración de informes, dende ambas vilas se levarán a cabo diferentes actividades culturais, deportivas e sociais para involucrar aos veciños e veciñas nesta iniciativa.

    Este sábado comezará a primeira delas que é facer, tanto os veciños da Guarda coma os de Caminha, o Camiño de Santiago de forma conxunta. Así máis de 100 persoas camiñaran esta primeira etapa que separa Àncora en Caminha, de Mougás en Oia.

    “O obxectivo é que a cidadanía participe neste proceso e tamén afiance a súa identidade”, comentou Jordi Trasserras.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    A Guarda da a benvida ó verán cunha axenda repleta para esta fin de semana
    4 March, 2016

    Next post

    O Concello da Guarda invita a sumarse ó Día Europeo da Rede Natura 2000
    20 May, 2016

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy