(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Volven os Diálogos en Educación ao Colexio dos Xesuítas

    Volven os Diálogos en Educación ao Colexio dos Xesuítas

    • Posted by Concello
    • Categories Cultura
    • Date 27 June, 2016

    Un ano máis, durante os meses de verán, volven os faladoiros sobre educación ao patio do vello colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos. Unha actividade promovida polo Concello da Guarda coa colaboración da Universidade da Coruña.

    Un ano máis, durante os meses de verán, volven os faladoiros sobre educación ao patio do vello colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos. Unha actividade promovida polo Concello da Guarda coa colaboración da Universidade da Coruña.

     

    Como na edición anterior, un grupo de profesores das tres universidades galegas tomarán parte nun faladoiro aberto a todo o público, que se celebrará cada tarde de xoves. Temas como a educación das emocións, a vocación docente, a conciencia ambiental, a reflexión sobre a diversidade de xénero ou a formación para o traballo serán algúns dos temas conducidos polos respectivos profesores e profesoras convidados.

     

    “Diálogos en Educación” naceu como unha actividade aberta e participativa que promove o debate e a reflexión sobre diferentes temas de actualidade no ámbito educativo, de interese para os participantes, máis alá dos que se dedican á profesión docente.

     

    O primeiro faladoiro celebrarase o vindeiro xoves, 30 de xuño, ás 20 horas, conducido polo profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago Antonio Vara Coomonte, baixo o título “Educación, consideracións preliminares”.

     

    “Diálogos en educación” manterá os faladoiros ata o 1 de setembro segundo o seguinte calendario:

     

    7 de xullo, Quintín Álvarez Núñez. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, que participará no seguinte faladoiro: “Unha educación para o século XXI: a Pedagoxía Sistémica”.

     

    14 de xullo, Miguel Somoza Rodríguez. Profesor da Facultade de Educación da Universidade Nacional de Educación a Distancia, que participará no faladoiro “A educación e as emocións nos procesos de socialización política”.

     

    21 de xullo, Carlos Soneira Calvo. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, que participará no faladoiro “Sobre o emprego do sentido común na resolución de problemas escolares”.

     

    28 de xullo, Ricardo García Mira. Catedrático da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e deputado no Parlamento español. O seu faladoiro ten por título: “Estilos de vida sostibles e innovación social (ou como devolver a política á cidadanía)”.

     

    18 de agosto, Uxío Otero Urtaza. Catedrático da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, que participará no faladoiro “Experiencias de vida, educación e vocación docente”.

     

    25 de agosto, Antonio Rial Sánchez. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, que conducirá o faladoiro “A formación para o traballo: “reflexións para elixir…”.

     

    1 de setembro, Cathryn Teasley Severino. Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, que pechará o ciclo de faladoiros de 2016 co tema: “Reflexións interculturais sobre a diversidade de xénero en Educación Infantil”.

     

    Agardamos que os faladoiros susciten o interese do público en xeral e que se acheguen ata Camposancos para participar nesta actividade divulgativa, de acceso aberto e carácter informal sobre cuestións educativas nas que se pretende todos os participantes ensinemos e, ao mesmo tempo, todos e todas os participantes aprendamos.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    O Concello da Guarda invita a sumarse ó Día Europeo da Rede Natura 2000
    27 June, 2016

    Next post

    Máis dun centenar de veciños e veciñas guardeses e de Caminha percorreron a primeira etapa do Camiño de Santiago da Costa
    7 March, 2016

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy