(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Pista de xeo, Mercado de Nadal e ampla programación na rúa este Nadal na Guarda

    Pista de xeo, Mercado de Nadal e ampla programación na rúa este Nadal na Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Xerais
    • Date 13 November, 2019

    O Concello da Guarda deu a coñecer onte, nunha reunión co sector do comercio do municipio, as principais novidades da Campaña de Nadal deste ano 2019.

    A reunión, que se celebrou na Casa dos Alonso e que contou coa asistencia de máis dunha vintena de comerciantes, estivo encabezada pola Concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez.

    Fátima Rodríguez quixo aproveitar esta ocasión para recordar aos presentes a forte aposta que dende o Concello da Guarda se está a realizar para dinamizar e promover o comercio e hostalaría, sectores fundamentais para o tecido económico da Guarda e que se distinguen pola súa calidade, a súa diversidade e variedade de servizos, facendo especial fincapé en que esta campaña se realiza para dinamizar estes sectores de cara a unhas datas moi importantes para a vila, nun dos municipios con maior densidade comercial de Pontevedra, o que repercute moi positivamente, xerando recursos, riqueza e emprego.

    Este ano preténdese sacar á rúa a programación de actividades de nadal, xerando un maior movemento de persoas pola vila, favorecendo a mobilidade das persoas polo casco urbano e incentivando as compras no comercio local.

    Pista de xeo para o Nadal 2019

    En canto á Programación de Nadal, Fátima Rodríguez anunciou que este ano A Guarda contará novamente cunha Pista de Xeo, que estará instalada na Alameda da Guarda dende o 5 de decembro ata o 19 de xaneiro de 2020. Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen a partires do 25 de novembro na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20, tamén se poderán mercar “in situ” unha vez estea instalada a Pista de Xeo na Alameda da Guarda. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados. Cada local participante aparecerá nunha lona na propia pista de xeo e terá un cartel anunciador da campaña no seu establecemento. Tamén se disporá de espazos publicitarios no interior destas instalacións, un lugar para dar visibilidade aos servizos e produtos das empresas que desexen incluír publicidade alí.

    Dende o Concello da Guarda recórdase ao comercio e ao sector hostaleiro o importante esforzo económico que supón traer novamente á Guarda unha Pista de Xeo, polo que se pide a súa colaboración e implicación para facer que o seu funcionamento sexa o agardado e se converta nunha tradición do Nadal Guardés.

    Coa instalación desta Pista de Xeo preténdese incentivar o consumo e as estancias de visitantes na Guarda, nunha das épocas de maior afluencia e máis importantes para o tecido económico guardés como é o Nadal.

    Mercado de Nadal e actividades infantís

    Ademais da Pista de Xeo, A Guarda contará este Nadal con moitas máis actividades e diversión para toda a familia con dous espazos de dinamización: un Mercado de Nadal, que estará no entorno da Praza Avelino Vicente(As de Copas) e unha zona de obradoiros e actividades infantís na Praza Bautista Alonso(Monterreal).

    Decora o teu Nadal

    A Campaña de “Decora o teu Nadal” contará este ano coa colaboración de 11 asociacións, que embelecerán 11 espazos públicos do municipio coa temática mariñeira empregando materiais de refugallo.

    Máis actividades

    Como ven sendo habitual celebrarase a Cabalgata de Reis Magos e tamén haberá as tradicionais actuacións musicais de nadal, como o Festival de Panxoliñas e concertos de nadal.

    Tag:A Guarda, Campaña de Nadal, mercado de nadal, Nadal, pista de xeo

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O Museo do Mar da Guarda xa forma parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos
    13 November, 2019

    Next post

    A Guarda rehabilita a antiga vivenda dos mestres da escola da Poza en Camposancos
    14 November, 2019

    You may also like

    • A unidade móbil de ADOS visita A Guarda o martes 17 de marzo
      12 March, 2026
    • A Guarda volverá contar con representación no Desfile de San Patricio de Madrid
      10 March, 2026
    • ‘Os contos do Lobicán’ ofrecen un espectáculo de monicreques cheo de valores educativos
      9 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy