A Guarda celebra o Día internacional do Ioga coa segunda edición de -Ioga no Castelo-
O vindeiro domingo día 21 de xuño o Castelo de Santa Cruz acolle ás 10:30h. da mañá unha nova edición de “Ioga no Castelo”, organizado dende o Centro Awen Yoga en colaboración co Concello da Guarda.
O obxectivo desta actividade é celebrar este día e que as persoas se acheguen ao mundo do Ioga e coñezan os seus beneficios.
En sánscrito Ioga significa unión entre corpo, mente e espírito e o Día Internacional do Ioga recoñece tanto a orixe do ioga como a súa práctica. A iniciativa de celebrar este día a nivel internacional foi presentada ante as Nacións Unidas polo Primeiro Ministro da India, Narendra Modi, en setembro de 2014 con estas palabras:
“El yoga es una inestimable contribución de la antigua tradición de la India. Encarna la unidad de la mente y el cuerpo, el pensamiento y la acción, la moderación y la satisfacción plena, la armonía entre el hombre y la naturaleza, y un enfoque holístico de la salud y el bienestar”.
Trala súa proposta, a ONU aprobou a resolución, cuxa iniciativa foi apoiada por 175 países, o máis elevado número de países solidarios na historia da organización.
Esta actividade vai a estar dirixida polos profesionais do Centro Awen: Elvira, Pablo e Carmiña, profesora de ioga para nenas/os e adolescentes.
Non é necesaria inscrición e é unha actividade de balde. Recoméndase traer unha esteira ou toalla, un cinto ou un foulard.
Teléfonos de información:
• Awen Yoga: 986 611 871
• Concellería de Deportes: 690 928 751
Tag:A Guarda, Deporte, ioga, ioga no castelo