(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xerais

    • Home
    • Xerais
    • A Deputación contrata un estudo para mellorar a mobilidade entre A Guarda e Camiña con alternativas ao actual transbordador

    A Deputación contrata un estudo para mellorar a mobilidade entre A Guarda e Camiña con alternativas ao actual transbordador

    • Posted by prensa
    • Categories Xerais
    • Date 4 August, 2021

    O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez subliña que unha comunicación máis directa mellorará a interacción económica e a integración dos dous núcleos urbanos

    Unha vez definida a alternativa máis viable ambiental e economicamente o AECT Rio Minho buscará fondos europeos

    A Deputación de Pontevedra vai contratar un estudo para reforzar as conexións transfronteirizas no Miño entre A Guarda e Caminha co obxectivo de poñer enriba da mesa alternativas ao actual transbordador e mellorar a mobilidade entre ambas vilas. Unha vez no traballo quede evidenciada a proposta máis viable ambiental e economicamente o AECT Rio Minho buscará fondos europeos para o proxecto.

    O deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, anunciou este estudo subliñando a importancia “dunha comunicación máis directa que desenvolva e modernice a mobilidade tanto en volume como en frecuencia”. Iso, destacou, faría que as sinerxías entre ambas vilas medrasen, con máis interaccións económicas e una maior integración dos seus núcleos urbanos, aumentando a oferta de servizos de todos tipo, tanto para as e os residentes como para visitantes.

    A contratación do estudo xurde despois dunha reunión do deputado coas dúas delegacións municipais dos concellos de A Guarda e Caminha, encabezadas polos seus respectivos máximos responsábeis, o presidente da Cámara Municipal de Caminha, Miguel Alves e o alcalde de A Guarda Antonio Lomba. Nese encontro analizouse a situació0n de falta de comunicación regular e directa entre ambos concellos, así como a situación do transbordador, que nestes momentos non cubre as expectativas de comunicabilidade entre ambos concellos e cuxo uso, ademais, está mermado pola pandemia.

    No estudo técnico incluirase unha descrición da situación actual e dos problemas e limitacións existentes ademais de recoller información por parte das cámaras e actores institucionais e civís implicados; avaliaranse as posibles alternativas de conexión en función da súa previabilidade técnica, económico-financeira, e de custos- beneficios tendo en conta a alta sensibilidade ecolóxica da zona; e, finalmente, presentaranse as conclusións e as recomendacións para a súa execución, tendo en conta que , polo seu carácter transfronteirizo, a procura de financiamento para este proxecto deberá ser liderada polo AECT Rio Minho, entidade de cooperación territorial que engloba o territorio de ambos municipios e da que é socio a Deputación de Pontevedra.

    Aposta pola mobilidade na Estratexia 2030
    A mellora da mobilidade entre A Guarda e Camiña supón na práctica desenvolver un dos eixos estratéxicos da Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030, impulsada polo AECT do Río Miño, para promover fórmulas sustentables de mobilidade local transfronteiriza que crucen o río favorecendo a mobilidade transfronteiriza, reducindo as emisións de CO2 e apostando por ferramentas e fórmulas de mobilidade local que permitan superar aínda máis os efectos da fronteira con nula ou pouca incidencia no patrimonio natural existente.

    As vilas fronteirizas de A Guarda e Caminha teñen unha longa historia de relación dende hai séculos. Segundo o estudo de diagnóstico da Estratexia 2030 do Río Minho Transfronteirizo, o 10% do total de desprazamentos fai unha década facíase usando o transbordador ente Caminha e A Guarda. Actualmente este volume veuse reducido polas dificultades do transbordador xunto coa paralización producidas pola pandemia COVID 19, “polo que faise mais necesario aínda, apostar pola conexión entre A Guarda e Caminha para superar a situación de impase producida pola pandemia”, subliña Benítez.

    A situación actual de fluxo de visitantes dende o sur, a pé e en bicicleta, que se incrementa coa maior utilización nos últimos anos da rota da costa do Camiño de Santiago por parte de persoas camiñantes e peregrinas, engade ademais un elemento de maior necesidade á realización dun estudo.

    Tag:A Guarda, caminha, ferry

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Volve a música aos Xardíns do Centro Cultural
    4 August, 2021

    Next post

    Suspéndense as celebracións tradicionais das Festas do Monte debido á incidencia da crise sanitaria no municipio de A Guarda
    4 August, 2021

    You may also like

    • A churrrería Santa Tecla súmase á venda en beneficio das Festas do Monte 2026
      1 April, 2026
    • A Guarda non terá citas para DNI e pasaporte ata maio
      31 March, 2026
    • O guardés Juan Collazo elaborará o seu sándwich finalista do concurso de Delikia para toda A Guarda
      29 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy