(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A música de Bruce Grinn e The Mirror chegou a pasada fin de semana ao Música nos Xardíns 2021 na Guarda

    A música de Bruce Grinn e The Mirror chegou a pasada fin de semana ao Música nos Xardíns 2021 na Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 6 September, 2021

    • O vindeiro sábado día 18 de setembro ás 21:00h os grupos The Charráns e Zalomon Grass serán os encargados de pechar esta edición de Música nos Xardíns.

    O pasado venres día 3 de setembro tivo lugar o segundo concerto da edición 2021 Música nos Xardíns, a programación coa que o Concello da Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna, que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos.
    En total son tres os concertos que se están a desenvolver entre agosto e setembro e polos que están a pasar músicos e bandas xa coñecidas polo público guardés como Bruce Grinn ou The Charrans, acompañadas por bandas da contorna como The Mirror ou Zalomon Grass.
    Esta programación parte dunha colaboración con aquelas asociacións e colectivos que ata o 2019 viñan organizando festivais de música na nosa vila, como o Rock Guardés ou o Galifornia Beat, que por mor da pandemia e as restricións e limitacións impostas para facer fronte ás actividades culturais non poden realizar os seus festivais este ano.
    Na xornada do venres 3 de setembro Bruce Grinn foi o encargado de iniciar este segundo concerto de Música nos Xardíns, Bruce é un músico independente, formado en Inglaterra onde se formou como músico tocando en bandas locais, e se estableceu en 2011 na nosa vila onde formou o grupo The Loopholes, moi ben acollido pola prensa musical galega. No 2017 decidiu embarcarse en solitario nun novo proxecto musical mais ambicioso, chegando o seu debut discográfico en 2018: “Fustian Fumes”. Con 8 temas de rock-alternativo e un son endurecido en relación aos seus traballos anteriores, o disco conta coa colaboración de varios músicos entre os que destaca Tania González Braga (The Mirror) nas voces, quen aporta solidez e calidez vocal.
    En directo, Bruce, acompañado tan só dunha guitarra acústica e algo de percusión, nos ofrecerá o seu lado mais íntimo entre a canción de autor propia do indie-folk e o rock dos anos noventa.
    O grupo The Mirror, foi o encargado de pechar a velada, co seu repertorio de temas propios con influencias do rock, funk e o soul. Este grupo, formado no 2018 unificando as diferentes traxectorias dos seus compoñentes, xa estiveron no Mercado da Música celebrado nos Xardíns do Centro Cultural, así como en diferentes festivais da provincia (Solpor no Mosteiro, Oia ou Sons do Casco, Baiona).
    Último concerto de Música nos Xardíns 2021
    Sábado 18 de setembro ás 21:00h – The Charráns + Zalomon Grass
    The Charráns(A.K.A los charranes) é un grupo local da Guarda nado no ano 2014 e formado entre compoñentes dos grupos Frakaso Skolar e Asegún como resposta a unha sociedade insociable. No ano 2016 editan o seu primeiro disco “Punk furtivo” da man de Baixo Miño Estudios e despois de ducias de concertos no ano 2020 gravan o seu novo LP en Grabaciones Ilegales con Charlie Thenstill e que foi publicado na internet por falta de fondos para a súa edición. Criáronnos dicindo que poderíamos ser ricos, ser famosos, cortar o bacallao e triunfar na vida, pero todo era mentira. Só uns poucos poden ser ricos e ao resto, tócanos sementar patacas, facer pan, ir ao mar ou construír esas casas que nunca teremos, ao resto tócanos ser Charráns.
    Zalomon Grass e o seu desbordante blues cósmico ven a sacarnos da apatía e o entumecemento destes tempos estraños. Se te gustan os power tríos dos vellos tempos, esta é a túa banda.
    Estes concertos están apadriñados polo Rock Guardés e o Galifornia Beat.

    Reserva de entradas no seguinte link:
    https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda

    Tag:A Guarda, concertos, cultura, Música, música nos xardíns

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Últimas prazas para unha xornada de observación de estrelas na Guarda
    6 September, 2021

    Next post

    O Teu Xacobeo trae á Guarda ao Cuarteto Rastrelli
    6 September, 2021

    You may also like

    • O Conservatorio de Música da Guarda celebra as súas xornadas de portas abertas do 25 ao 29 de maio
      22 May, 2026
    • A Agrupación Musical da Guarda pecha este sábado en Camposancos o ciclo “Concertos nas parroquias”
      22 May, 2026
    • A Guarda acolle a presentación do libro “Arredor do Ferruxo”
      21 May, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy