(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Máis de 150 escolares visitaron na Guarda a Exposición de Libros do Principiño

    Máis de 150 escolares visitaron na Guarda a Exposición de Libros do Principiño

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 7 April, 2022

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, presentou o pasado día 1 de abril as actividades e a programación para o mes do libro 2022, que arrancou coa inauguración da Exposición de libros “O Principiño”.
    Trátase dunha exposición que recolle máis de 250 exemplares de diversas edicións sobre unha das novelas curtas mais importantes e a obra mais famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry.
    Ao longo desta semana foron máis de 150 os nenos e nenas dos diferentes centros educativos da vila que participaron nas visitas guiadas a esta exposición, entre eles o CEIP Plurilingüe As Solanas Nicolás Gutiérrez Campo, o CPR Padres Somascos – Fundación Educere, o CEIP Manuel Rodríguez Sinde, O CEIP A Sangriña, a Escola Unitaria da Gándara e o Colexio Plurilingüe San José Carmelitas.
    Nestas visitas á Exposición o alumnado tivo a oportunidade de participar nun contaconto da obra do Principiño adaptada a escolares de Educación Infantil(4-5anos).
    Os exemplares expostos do Principiño son propiedade de Chelo Vicente Rodríguez, unha veciña da Guarda que comezou fai xa uns dez anos a coleccionar libros desta obra, a máis traducida do mundo, contando na actualidade con tradución a máis de cincocentos idiomas e 12 dialectos da xeografía española. Chelo comezou esta interesante colección a raíz das viaxes que foi realizando polo mundo, mercando exemplares en diferentes idiomas grazas tamén a formar parte dun grupo de coleccionistas, mercando libros tamén ilustrativos, que poderán contemplar os visitantes que se acheguen á Casa dos Alonso, na primeira exposición pública na que se vai poder ver esta interesante e asombrosa colección de libros do Principiño.
    Sobre o autor falou na inauguración desta exposición Paco Vidal, un gran apaixonado da literatura e gran coleccionista tamén de libros, que non desaproveitou esta oportunidade para falar da historia de Antoine de Saint-Exupéry e o que significou e significa para moitas xeracións a obra do Principiño.
    Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, agradeceu no acto de inauguración a Chelo Vicente, que dende o primeiro momento se amosou moi receptiva a realizar esta exposición de libros do Principiño e colaborou de xeito moi activo para que a mesma fose unha realidade en moi pouco tempo. Engadiu a Concelleira de Cultura que “é todo un luxo para a cidadanía guardesa, para tod@s, pequenos e maiores poder desfrutar desta exposición na Casa dos Alonso e poder coñecer un pouco máis dun dos libros máis traducidos en todo o mundo. O Principiño sitúase nun lugar destacado nesta programación do Mes do Libro, onde queremos que tod@s se aproximen á lectura coma un elemento de busca da liberdade, do coñecemento, do espírito crítico e tamén “deses breves e incandescentes momentos de felicidade” como soñaba Jorge Luis Borges.
    Para Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, “O pobo da Guarda, dende sempre, deu moita importancia aos libros, isto explica a gran produción e colaboración editorial que se fai dende o concello. Este ano, poder comezar o mes do libro coa exposición sobre O Principiño, é un luxo. Espero que desfrutemos dela grandes e pequenos. E que para elo, nós, os grandes, aceptemos a suxerencia do Principiño e nos acordemos de cando eramos cativos.”
    A Exposición estará na Casa dos Alonso ata o 10 de abril en horario de 9:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres e en horario de 10:00h a 13:00h os sábados.

    Tag:A Guarda, contacontos, cultura, Exposición, o principiño, visitas escolares

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade intensifica a actividade no seu 25º aniversario
    7 April, 2022

    Next post

    A Guarda volve a celebrar a Semana Santa
    7 April, 2022

    You may also like

    • Este sábado estréase na Guarda a película ‘La red’ de BoscoVision ProduCinema
      20 April, 2026
    • A escola Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
      13 April, 2026
    • A Agrupación Musical da Guarda arranca o seu programa ‘Concerto nas parroquias’
      11 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy