(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Medio ambiente

    • Home
    • Medio ambiente
    • Éxito nas accións formativas do proxecto de sensibilización sobre grandes incendios forestais que promove a Universidade de Vigo e o Concello da Guarda

    Éxito nas accións formativas do proxecto de sensibilización sobre grandes incendios forestais que promove a Universidade de Vigo e o Concello da Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Medio ambiente
    • Date 14 December, 2022
    Éxito nas accións formativas do proxecto de sensibilización sobre grandes incendios forestais que promove a Universidade de Vigo e o Concello da Guarda

    A Universidade de Vigo e o Concello da Guarda comparten a preocupación sobre o cambio climático e o impacto que os Grandes Incendios Forestais teñen no territorio colaborando no proxecto FIREPOCTEP, coa realización de tres accións formativas: Fotovoz, Biblioteca Humana e a Feira do Gran Incendio Forestal. Este proxecto europeo está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020.

     

    No transcurso da mañá do 13 de decembro, realizouse a inauguración de “Fotovoz. Historia de vida dun Gran Incendio Forestal”, unha exposición participativa sobre incendios forestais na contorna de A Guarda. A presentación tivo lugar ás 11.00 horas na entrada do edificio do Concello da Guarda coa presencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a coordinadora das accións formativas da Universidade de Vigo e Vicerrectora de Benestar, Equidade e Diversidade, María Isabel Doval. Ambas autoridades compartiron a necesidade de traballar na prevención dende a educación como medio para acadar unha maior conciencia sobre o valor que os bosques e as contornas naturais xeran e da necesidade de implantar accións innovadoras con materiais didácticos adaptados.  A acción estará aberta a toda a cidadanía ata o mércores 14 de decembro e o obxectivo é plasmar unha realidade comunitaria a través da fotografía e dos relatos das persoas que viviron incendios forestais. Para iso, contouse coa colaboración da veciñanza de A Guarda que cederon fotografías de incendios acontencidos na contorna. Entre os autores destacan xornalistas e persoal da loita contra o lume. Asemade, a exposición conta cun libro de testemuñas para que as persoas visitantes poidan plasmar as súas emocións e  lembranzas de situacións vividas co lume para crear un relato compartido da realidade sobre os incendios forestais.

     

    A segunda das accións de sensibilización do día realizouse na tarde do 13 de decembro de 17:00h a 19:30h horas na Biblioteca de A Guarda. A actividade “Biblioteca humana. Testimonios dun gran incendio forestal” creou un espazo no que persoas vencelladas a grandes incendios forestais relataban as súas vivencias, como se fosen libros vivos. As persoas que relataron as súas testemuñas foron unha bombeira e un bombeiro forestais e bombeiros do GES de A Guarda. Na intimidade do espazo da biblioteca municipal de A Guarda puideronse escoitar as historias persoais e facer preguntas que normalmente non se dan, creando un ambiente distendido no que compartir experiencias extremas, como a perda de compañeiros na extinción de incendios, e bonitas como cando os seus fillos e fillas ao chegar a casa os ven como heroes e heroínas. Outro momento a destacar foi o dunha nai brasileira dun bombeiro forestal en Brasil que compartiu a súa vivencia de angustia cada vez que o seu fillo vai a unha emerxencia, pero tamén o sentimento de orgullo que sinte por el.

     

    Tamén se falou moito da necesidade de prevención, de manter os montes limpos, de manter as franxas cortalumes e de como, pouco a pouco, parece que asoma unha maior conciencia social e ambiental vencellada á reforestación con especies autóctonas para ir diminuíndo as especies invasoras pirófilas como os eucaliptos ou as acacias. Tamén reivindicaron a necesidade de contar con máis recursos, tanto humanos como materiais, por parte da administración autonómica para traballar máis na prevención, que na extinción de lumes.

     

    O proxecto da Universidade de Vigo, coordinado por Juan Picos e a parte formativa por María Isabel Doval, pretenden xerar un espazo de diálogo sobre os grandes incendios forestais co que se poderá chegar a conclusións importantes para o territorio. Algunhas destas reflexións xiran ao redor da importancia de manter a vida nos ámbitos rurais como loita contra o cambio climático e, ao mesmo tempo, contra os incendios forestais.

     

    O mércores 14 será a quenda da terceira actividade no CEIP Manuel Rodríguez Sinde, a “Feira do Gran Incendio Forestal”. O obxectivo é achegar á comunidade educativa e, en concreto ao profesorado e ao alumnado do CEIP, testemuñas e materiais para concienciar sobre os lumes e os seus efectos no territorio. O encontro terá tres escenarios diferentes: o rincón do libro (con libros infantís e xuvenís sobre incendios forestais), o rincón do vídeo (con materiais audiovisuais) e o rincón da experiencia (co testimonio de persoas de A Guarda vencelladas aos equipos de extinción de incendios).

    Tag:A Guarda, FIREPOCTEP, grandes incendios forestais, Medio ambiente, Universidade de Vigo

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Continúa a programación de Nadal da Guarda con concertos e actividades de animación
    14 December, 2022

    Next post

    O concello da Guarda consegue un millón de euros de financiamento para turismo do Plan de Recuperación
    15 December, 2022

    You may also like

    • Novo punto de reparto de chaves do contedor marrón na Guarda o próximo xoves
      29 April, 2026
    • O Concello da Guarda imparte unha nova charla informativa sobre a compostaxe
      15 April, 2026
    • O Punto Limpo da Guarda permanecerá pechado do xoves 2 ao domingo 5 de abril
      27 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy