(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Vías e obras

    • Home
    • Vías e obras
    • O equipo de goberno guardés aposta por unha vila segura para a infancia

    O equipo de goberno guardés aposta por unha vila segura para a infancia

    • Posted by prensa
    • Categories Vías e obras
    • Date 9 March, 2023
    • Franchesco Tonucci: “Unha cidade na que os mais pequenos poidan estar seguros será un espazo público de calidade para todas as demais persoas”. Así explica o investigador e pedagogo italiano, impulsor dos “camiños escolares”, un criterio universal de mellorar do espazo público.
    • O concello da Guarda licita a execución do Camiño Escolar seguro para o CEIP Manuel Rodríguez Sinde. Un camiño escolar pon a infancia como referente para realizar unha actuación baixo criterios de accesibilidade e itinerarios peonís seguros.
    • Para Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, “este proxecto incide nas condicións de seguridade e accesibilidade do alumnado deste centro educativo da vila enmarcado no casco urbano. A execución das obras ten por obxecto mellorar a mobilidade nos itinerarios que segue o alumnado nos seus desprazamentos dende as súas vivendas ata o centro escolar.”

     

     

    Na Plataforma de contratación pública do Estado xa se pode consultar o procedemento de licitación das obras para o proxecto de Camiño Escolar seguro para o CEIP MR Sinde na Guarda, unhas obras que contan cun importe de case de 250,000 €.

     

    O Concello da Guarda leva dende o ano 2019 preparando o Proxecto de Camiños Escolares Seguros na Guarda, e despois das fases iniciais do proxecto co equipo redactor do mesmo, a previsión e que no mes de maio deste ano 2023 se inicien as obras baixo os criterios de accesibilidade e itinerarios peonís seguros.

     

    O Proxecto de Camiños Escolares Seguros xurde ante a necesidade dun cambio de paradigma na maneira de moverse nas cidades e vilas, mellorando a seguridade vial establecendo rutas seguras ou «SafeRoutestoSchool», para que os nenos e nenas realicen os seus desprazamentos entre os seus fogares e os seus centros de ensino con total seguridade.

     

    As ideas do pedagogo italiano Francesco Tonucci marcan un novo rumbo para os proxectos de camiños escolares, cun novo concepto de cidade, propiciando a autonomía infantil.

     

    Despois dun estudo dos itinerarios e dun proceso participativo coa comunidade educativa  logrouse ter unha visión concreta dos percorridos realizados día a día polas familias e alumnos, con datos altamente fidedignos. Neste senso a través de cuestionarios logrouse determinar que unha das maiores preocupacións dos pais e nais dos alumnos e alumnas é o tráfico e a seguridade, indicando que o aumento do número de vehículos provoca unha maior inseguridade.

     

    Nas conclusións finais determínase que o «Camiño Escolar Seguro»  afecta a un total de 730 m de viais, nas rúas Brasilino Álvarez, Enrique Mª Sesto, Carretera de Circunvalación, Rúa Tui e Rúa Ourense.

     

    Tratase dunha inversión de xerarquías no uso do espazo público no cal o peón debe ser o centro de toda acción e o coche un obxecto subordinado a este con espazo moi controlado e un uso racional e limitado para así poder devolver as rúas aos seus principais protagonistas: os nenos e nenas. Para iso é preciso xerar un entorno escolar onde os nenos poidan acceder de forma sa, segura e máis autónoma á escola ou centro educativo.

     

    Entre as solucións a adoptar atopamos melloras na seguridade de todos os pasos de peóns existentes ao longo do trazado, a urbanización dos arredores coa mellora do firme, alumeado e prohibición de circulación no treito da Rúa Tui que da acceso directo ao centro escolar, a implementación da sinalización vertical e horizontal pertinente, eliminación ou substitución da danada ou ineficiente, así como redución do límite a 30km/h en todo o percorrido.

     

    Estímase que estes traballos prolongarase ao redor de 2 meses.

    Para Antonio Lomba, alcalde da Guarda, “este proxecto incide nas condicións de seguridade e accesibilidade do alumnado deste centro educativo da vila enmarcado no casco urbano. A execución das obras ten por obxecto mellorar a mobilidade nos itinerarios que segue o alumnado nos seus desprazamentos dende as súas vivendas ata o centro escolar. Dende o concello están traballando no aumento da seguridade viaria nos demais centros educativos da localidade”

    Tag:A Guarda, camiño escolar seguro, MR Sinde

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A I Marcha Enduro BTT celebrase na Guarda o domingo 19 de marzo
    9 March, 2023

    Next post

    A Guarda será escenario da recuperación da memoria do cinema galego a través do seu pioneiro, José Gil
    10 March, 2023

    You may also like

    • O Concello da Guarda avanza na prolongación da rúa Baixo Muro
      23 April, 2026
    • A Guarda recupera o entorno da igrexa para mellorar o acceso de persoas e vehículos
      22 April, 2026
    • O Concello conta con 10 novos peóns a través do Plan +Provincia
      10 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy