A Guarda comeza a reparación dos tellados do castro de Santa Trega
A reparación dos tellados do castro de Santa Trega deu comezo esta mañá coa chegada do novo material para a súa instalación inmediata.
O castro viviu durante este inverno fortes temporais, sobre todo, de vento, o que lle ocasionou graves danos ao tellado de palla. Agora, unha empresa especializada no sector, será a encargada de instalar o novo tellado de centeo nas dúas edificacións reconstruídas.
Deste xeito, o monte de Santa Trega volverá contar co seu monumento insignia nas mellores condicións, para que locais e turistas podan desfrutar da súa historia.



