O campamento urbano da Guarda continúa con múltiples actividades
E xa comezou o segundo mes do campamento de verán da Guarda. Durante estes dous meses 60 nenos e nenas de 4 a 12 anos están a desfrutar do campamento de verán organizado pola OMIX do Concello da Guarda.
Nas instalacións do CEIP Manuel Rodríguez Sinde os participantes do campamento desfrutan de diversas actividades: obradoiros de cociña, de manualidades, xogos de auga, xogos de mesa e actividades físicas.
Pero tamén realizan numerosas actividades pola nosa vila, coñecéndoa mellor. Visitaron á Agrupación Musical da Guarda, onde coñeceron os diferentes instrumentos. Tamén fan actividades como búsquedas do tesouro no Centro Cultural ou visitas ao Concello para desfrutar das exposicións que acolle durante o verán.
Deste xeito, as actividades van variando cada semana e adaptándose aos grupos de diferentes idades. Pero máis importante é que desfruten e se relacionen entre todos.
Con este campamento tenta axudarse á conciliación ás familias guardesas.



