A exposición “Paxaros” de Mary Varela chega á Casa dos Alonso da Guarda
A Casa dos Alonso continúa coa súa variada oferta de exposicións este verán. Durante a próxima semana, a exposición “Paxaros” poderase visitar en horario de mañá na Casa dos Alonso.
Trátase dunha exposición de óleos que homenaxean aos paxaros, xa que segundo a súa autora, Mary Varela, eles achegan a súa beleza ao noso mundo.
É a terceira exposición de pintura que acolle a Casa dos Alonso este verán, tras comezar o mesmo coa exposición “As cores do camiño” de Víctor Rey e rematar o mes de xullo coa exposición do grupo “Terapia de Jueves”.



