ADIADO: The Rapants amenizan o final de verán na Guarda
ADIADO: Pola previsión de chuvia para o sábado 30 á noite. A fin do mes de agosto destaca pola música, e o prato forte chegará o sábado á noite coa actuación de “The Rapants”.
Esta banda galega indie e garage destaca pola súa frescura no panorama musical galego, con temas animados, cheos de enerxía e de bo rollo. Algúns dos seus traballos máis coñecidos son “O Avión”, “La Favorita” ou “Meu Cariño”.
A súa actuación será no antigo estadio do Trega ás 22:30h. Para ir quentando motores, ás 21:30h será a sesión do dj Cristian Pereyra.
Agardámosvos!



