O TocaMúsica remata co concerto de Wondercovers para poñer fin a este mes de agosto
Chegamos ao final do programa TocaMúsica, co último concerto para este domingo 31 de agosto. O programa TocaMúsica pretende ser unha cita que marcar na axenda, levando a música a diferentes recunchos da nosa vila.
Veñen os WONDERCOVERS, un power trío vigués que ofrece o público un concerto dinámico, entretido, e tan cheo de clásicos, que se fará moi curto…. Pink Floyd, Led Zeppelin, Lynyrd Skynyrd, Jimi Hendrix, The Beatles, The Black Crowes, The Rolling Stones, The Doors, ZZ Top, Los Rodríguez…E moitos máis!
O seu concerto traerá bo ambiente no mediodía do domingo, ás 12:30 horas, no parque de Chan de Conde, fronte a igrexa de San Benito. Deste xeito, finaliza o programa que leva poñendo música nas rúas desde o mes de maio con Mambas Negras, a estrea do grupo local Ínsua Band en xuño e o concerto de Litus, Novoa e Pirata en xullo.
“TocaMúsica é un programa que nos permite levar a música a diferentes recunchos e rúas da vila” declara o alcalde, Roberto Carrero, “o que sempre dá ledicia e bo ambiente ás nosas rúas e veciñanza”.
Este programa conta co apoio do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.



