Nova data para o concerto de The Rapants
Xa temos nova data para o agardado concerto de The Rapants, o próximo xoves 4 de setembro, para desfrutar das últimas xornadas antes da rutina do novo curso.
Esta banda galega destaca pola súa frescura no panorama musical galego, con temas animados, cheos de enerxía e de bo rollo. Algúns dos seus traballos máis coñecidos son “O Avión”, “La Favorita” ou “Meu Cariño”.
A súa actuación será no antigo estadio do Trega este xoves 4 de agosto ás 22:00h. Para ir quentando motores, ás 21:00h será a sesión do dj Cristian Pereyra.
Agardámosvos!



