Unha foodtruck ofrece degustacións de balde de peixe espada, marraxo e quella na Guarda
A campaña das “Rutas dos Peixes Protectores” de Interfish chega á Guarda. Trátase dunha foodtruck que dá a coñecer estes peixes con degustacións de receitas de quella, marraxo e peixe espada.
Tras comezar o 25 de xullo o seu percorrido por diferentes puntos da costa galega, este venres e sábado a foodtruck estará na Guarda para poder degustar estes produtos de xeito gratuíto.
Toda aquela persoa que queira probalo poderá facelo na praza de Avelino Vicente de 19 a 22h, tanto hoxe, venres 12, como mañá, sábado 13.



