A Asociación Galega de Fibromialxia dá este sábado unha charla na Guarda
A Asociación Galega de Fibromialxia (AGAFI) imparte este sábado ás 18:00h unha charla-coloquio na Casa dos Alonso.
O seu presidente, Rafael Ocampo Piñeiro, explicará a súa participación no proxecto “kNOw more pain”, un estudo do tratamento multicompetente da dor na fibromialxia que se realiza na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.



