Concello da Guarda e Xunta de Galicia investirán máis de 110.000€ para mellorar a depuradora
O Concello da Guarda e a Xunta de Galicia destinarán máis de 110.000 euros á adecuación das instalacións da estación depuradora de augas residuais (EDAR) co obxectivo de mellorar o servizo de saneamento que se presta á cidadanía.
O alcalde da Guarda, Roberto Álvarez e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asinaron onte un acordo de colaboración para deseñar e acometer as actuacións necesarias para optimizar o servizo que presta esta EDAR.
A estación depuradora se púxose marcha no ano 2003 e na actualidade dá servizo a varios núcleos da Guarda e do Rosal. En total, atende a máis de 21.200 habitantes.
Entre as actuacións previstas, está a substitución da ponte móbil do decantador secundario evitando unha reparación inviable do actual porque suporía un tempo de parada superior ao mes.



