O Concello conta con 10 novos peóns a través do Plan +Provincia
Esta mañá comezaron os 10 peóns contratados a través da Liña 3 do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.
Estes traballadores municipais estarán ao servizo do Concello da Guarda ata final de anos para traballos como desbroce ou limpeza. Con esta contratación dáse un posto de traballo a 10 persoas desempregadas.




