Este domingo dispútase o III Trofeo Ciclista Aser Estévez na Gándara
O próximo domingo 19 pola mañá dispútase o III Trofeo Ciclista Aser Estévez. Neste circuíto urbano da Gándara competirán ciclistas de Galicia e Portugal de diferentes categorías: promesas, pincipiantes, alevíns, infantís, cadetes, féminas, juniors, masters, elite e sub-23.
Esta proba forma parte da primeira edición da Copa Critérium, sendo un evento ciclista para promover o deporte en categorías de base e absolutas. As probas serán puntuables e reúne as carreiras xa existentes: Trofeo Aser Estévez, o Gran Premio Orpagu e o Gran Premio-Concello de Oia.
Con motivo deste proba deportiva o domingo pola mañá produciranse cortes de tráfico na Gándara.



