Este sábado estréase na Guarda a película ‘La red’ de BoscoVision ProduCinema
Este sábado 25 de abril estréase no Centro Cultural da Guarda a película de cine amateur “La red” de BoscoVision ProduCinema.
Esta película amateur independente forma parte da serie xuvenil ‘Os trotamundos’ e está interpretada por mozos e adultos de Galicia. A obra estréase este sábado ás 20:30h con entrada de balde.
Narra a historia dunha rede misteriosa que pertencía a un barco naufragado que transportaba laranxas e do que só sobreviviu unha moza. O grupo de amigos “Os trotamundos” encontrarán esta misteriosa rede que sempre vai unida a aparición de laranxas na beira do mar. A rede influirá na súa amizade ata que descubran o seu verdadeiro misterio.
Ademais, xunto esta estrea tamén se estreará o episodio nº60 da serie ‘Os trotamundos’ titulado “O cofre vital”, unha película caricatura das aventuras e fantasías piratas.



