Novo punto de reparto de chaves do contedor marrón na Guarda o próximo xoves
Na tarde do xoves 7 de maio a Casa dos Alonso abrirá as súas portas para repartir chaves e kits para o contedor marrón, o de fracción orgánica.
A este contedor, que xa leva meses en funcionamento na Guarda, vai destinado gran parte dos residuos que orixinamos diariamente, polo que animamos a toda a cidadanía a recoller a súa chave para poder contribuír na mellora da xestión de residuos.
Estes contedores teñen chave para evitar que o vento levante a tapa e os animais poidan acceder ao lixo do interior, que consiste en restos de comida, principalmente.
A Casa do Concello estará aberta de 19:30 a 21:30h para o reparto das chaves e kits, e tamén se lle informará ás persoas usuarias sobre o que se debe botar neste contedor.
Estas acción contan coa colaboración da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.



