A Guarda celebra o III Torneo Internacional de Judo Infantil Santa Trega
A Guarda celebra o III Torneo Internacional de Judo Infantil o próximo sábado 9 de maio. Este torneo busca promover a competición en idade infantil e vai gañando participantes, ata os máis de 500 judokas da pasada edición.
Este torneo conta coa participación de numerosos clubes de Galicia e tamén de Portugal, contando con xa 10 clubs do país veciño. Ademais, tamén virán club de Ponferrada e, dando un salto máis alá coa asistencia dun club italiano de Roma.
Reuniranse judokas das categorías inferiores, desde prebenxamín ata cadete, que ofrecerán un día enteiro de judo no pavillón da Sangriña.



