
A Aula CeMIT da Guarda abre as inscricións para os cursos gratuítos de informática
A Aula CeMIT do Concello da Guarda xa ten abertas as inscricións para os novos cursos gratuítos de informática que se desenvolverán entre os meses de outubro e decembro. A programación inclúe propostas adaptadas tanto para persoas adultas como para nenos e nenas, co obxectivo de facilitar a aprendizaxe e o manexo das novas tecnoloxías.
No caso das persoas adultas, a oferta inclúe un curso sobre manexo do ordenador, internet e edición de texto, que se impartirá os martes e xoves, de 11:00 a 13:00 horas. Tamén se ofrece un curso de manexo de teléfonos móbiles smartphone, os venres de 11:30 a 13:00 horas.
Para o público infantil, a Aula CeMIT contará con diferentes propostas formativas pensadas para achegar a informática aos máis pequenos dun xeito práctico e ameno. Os cursos abordarán contidos como informática básica e divertida, internet seguro, edición de texto e outras actividades.
As actividades dirixidas á cativada desenvolveranse de luns a venres, con diferentes horarios para facilitar a conciliación das familias:
• Luns: de 16:00 a 17:30 e de 18:00 a 19:30 horas.
• Martes: de 16:00 a 17:30 horas.
• Mércores: de 16:00 a 17:30 e de 18:00 a 19:30 horas.
• Xoves: de 16:00 a 17:30 horas.
• Venres: de 16:00 a 17:30 horas.
Os cursos desenvolveranse do 5 de outubro ao 18 de decembro e teñen carácter gratuíto.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información a través do teléfono 986 61 18 50, do correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal, ou presencialmente na Aula CeMIT da Guarda ou na Biblioteca Municipal.


