(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Mouriño inaugura oficialmente as Festas do Monte nun Auditorio de San Bieito cheo e unido co Celta

    Mouriño inaugura oficialmente as Festas do Monte nun Auditorio de San Bieito cheo e unido co Celta

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Turismo
    • Date 8 August, 2017

    As Festas do Monte deron comezo oficialmente onte, co pregón do presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño. Co Auditorio de San Bieito cheo, Mouriño dirixiuse aos guardeses e guardesas para encomiar a súa paixón e destreza no deporte; a mesma paixón, apuntou, que dedican na celebración das súas Festas do Monte. O tradicional Festival Folclórico puxo fin ao acto, coa actuación de sete grupos musicais que mantiveron ó público nos sentadoiros ata preto das 22.00 horas.

    O acto inaugural das festas, presentado por Elena Baz, comezou pasadas as 20.00 horas no Auditorio de San Bieito. Máis de medio milleiro de persoas agardaban ó pregón do presidente do Celta, Carlos Mouriño, que viu precedido pola benvida do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, animando a veciño e visitantes a gozar desta “celebración centenaria”.

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, durante o discurso de benvida ás Festas do Monte

    O rexedor aproveitou para lembrar que será este venres ás 11.30 cando se inaugurarán a rúa Vigo, substituíndo á primeira e segunda transversais Bechos; e a rúa do Celta, que substituirá a terceira transversal Bechos, nun acto ao que todas as veciñas e veciños están convidados.

    Tamén quixeron dirixirse ao público o coordinador das Festas do Monte, Manuel Castro, e as deputadas provinciais Digna Rivas e Montserrat Magallanes. Esta última, tamén concelleira de Turismo no Concello da Guarda, puxo en valor a “magnífica” contorna coa que conta a vila mariñeira, froito da fusión do monte e o mar dos que debemos coidar. Neste mesmo sentido pronunciouse Manuel Castro, ao referirse á vital importancia do respecto e o coidado do monte ao que se deben estas festas. O coordinador dedicou un agradecemento especial á Carlos Mouriño, cuxa presencia nesta celebración se debe ó 25 aniversario da Peña celtista do Baixo Miño, e ao persoal do Concello que fai posible “que todos poidamos desfrutar destas festas”.

    A Guarda está co Celta

    “Aquí descubrimos o tríscele que loce a nosa camiseta” e forma parte da identidade do equipo celtista, sinalou o presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, ao referirse á vila da Guarda. Foi aquí, ademais e segundo recoñeceu durante o pregón, onde exerceu por primeira vez como guía turístico, sendo aínda un mozo.

    Amais dos seus vínculos persoais coa nosa terra, o presidente do Celta referiuse ó mérito do Club de Balonmán Mecalia Atlético Guardés, recentes campionas da Liga, das que resaltou “a súa determinación e ambición”. A Peña do Baixo Miño tamén foi merecedora dos seus eloxios, tras “25 anos unindo Vigo e A Guarda con paixón e entusiasmo”.

      Os grupos participantes no Festival Folclórico non foron esquecidos polo presidente celtista, que quixo agasallar aos seus representantes e á comisión das festas cun recordo do R.C. Celta en lembranza deste pregón.

      Dende a organización, ademais, dedicouse un recoñecemento especial á Banda Negra, pioneira nas Festas do Monte con medio século de vida, e aos donos da Confeitaría Rogelio, que este ano tamén celebra o seu 50 aniversario como un dos locais máis lonxevos e queridos polos veciños da vila.

      Música e baile nas Festas do Monte

      O grupo de gaitas da Terceira Idade, Boalleira, Churumbela, a Asociación Folclórica Vento Mareiro, Doxe nun ano, Xamaraina e Trevón dos Xidos foron os grupos encargados de amenizar a noite tras o acto inaugural das festas, dentro do xa tradicional Festival Folclórico. Xa ás 22.30 horas, deu comezo a verbena na Alameda, coa actuación das orquestras Nevada e Jonnhy Maquinaria, que puxeron fin a esta primeira xornada das Festas do Monte 2017.

        Esta noite serán América e Son D’ Vigo as orquestras encargadas de por a música e o baile na noite da Alameda, tras unha tarde marcada pola Festa Homenaxe á Terceira Idade que se celebrará no Auditorio de San Bieito e as mañás amenizadas polos pasacalles. A Guarda encherase de música, de baile e de festa ata o próximo martes 15 de agosto, co espectáculo pirotécnico a media noite no porto mariñeiro.

        Tag:Carlos Mouriño, Festas do Monte, Pregón

        • Share:
        prensa

        Previous post

        O catálogo da exposición conmemorativa dos cen anos do MASAT xa está dispoñible
        8 August, 2017

        Next post

        Información para os usuarios do porto e o público no espectáculo pirotécnico das Festas do Monte
        9 August, 2017

        You may also like

        • A escola Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
          13 April, 2026
        • A Agrupación Musical da Guarda arranca o seu programa ‘Concerto nas parroquias’
          11 April, 2026
        • ‘Retablo de esperpento’ funde dúas obras de Valle-Inclán na Guarda
          9 April, 2026

        Search

        Categories

        • General
        • Highways and works
        • Tourism
        • Uncategorized
        • Women

        Rebulindo

        • Móvete (Actividade física)
        • Lemos Xuntos?
        • Dalle ó Play
        • Coñece a vila!
        • A vida é xogo
        • Acion (Formación)
        Logo Concello de A Guarda

        (+34) 986 610 000

        (+34) 986 610 283

        alcaldia@aguarda.es

        MOBILE APP

        You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

        A Guarda IOS application
        A Guarda Android application

        Council

        • Write to the Mayor
        • Schedules of Interest
        • Sede Electrónica
        • Whistleblowing channel

        Información

        • Associations and Groups
        • Phones of interest
        • Emergency Pharmacy

        Recommended

        • Events
        • News

        © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

        • Legal notice
        • Política de cookies
        • Privacy Policy