A EEI A Gándara abre as súas portas en busca de novo alumnado
A EEI A Gándara terá unha xornada de portas abertas o próximo martes 10 de febreiro. As instalacións foron renovadas polo Concello da Guarda hai ano e medio, ofrecendo un espazo con certificado de eficiencia enerxética para a mellor comodidade dos máis pequenos.
A EEI A Gándara ofrece un sistema de aula mixta de 3 a 6 anos (nados 2021-2023), con obradoiros mensuais de ioga, horta, biblioteca, cociña, participación en proxectos de innovacións… Ademais, polas súas características, existe unha relación familia-escola moi próxima e conta con recursos para a atención á diversidade.
Podes ir visitala o próximo martes 10 de febreiro ás 16:30h na EEI A Gándara.



