A Escola Infantil Municipal da Guarda abre o martes unha convocatoria extraordinaria
A Escola Infantil Municipal da Guarda abre o próximo día 9 de decembro de 2025 un proceso EXTRAORDINARIO para cubrir as seguintes prazas:
- Aula de 0-1 anos: 1 praza a xornada completa e 1 praza de xornada de tarde
- Aula de 1-2 anos: 2 prazas a xornada completa e 1 praza de xornada de tarde
- Aula de 2-3 anos: 7 prazas a xornada completa
A Escola Infantil Municipal axuda ás familias guardesas na conciliación familiar, sobre todo nos primeiros anos dos fillos e fillas, antes do comezo da súa etapa escolar. Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 9 ao 15 de decembro.
Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9:00 a 14:00 h.



