A Guarda organiza un roteiro “Noite Meiga” para celebrar un Samaín para todas as idades
Xa tes plan para este Samaín na Guarda. O Concello da Guarda organiza para o venres 31 un roteiro co nome de “Noite Meiga”.
Durante o roteiro diferentes personaxes tratarán de convencer aos participantes de que son a mellor opción para reinar nas forzas escuras do mal durante o próximo milenio. O percorrido partirá da praza do Monterreal e alí mesmo será o punto de inscrición a partir das 17:30h.
Durante a tarde irán saíndo os diferentes grupos que se vaian formando, que serán máximo de 12 persoas. Ademais, os grupos nas que haxa crianzas deberán contar con alomenos un adulto responsable. Os participantes deben ser maiores de 7 anos.
Na praza do Reló tamén teremos un obradoiro de chapas para que todos poidan elaborar coas súas mans un recordo desta tarde de Samaín. O obradoiro realizarase de 18:00h a 20:30h e non precisa inscrición.
En caso de chuvia, estas actividades trasladaranse ao Centro Cultural.
Esta actividade está organizada polo Concello da Guarda e conta co apoio do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.



