NOVA DATA: Anímaste a escoitar un concerto por auriculares? (5 de setembro)
Chega á Guarda o concerto “Unha Galicia para escoitala”; un proxecto innovador onde música e tecnoloxía van da man.
Esta proposta baséase na contorna que o rodea, polo que contará cun escenario moi especial, as docas da Pasaxe, onde desfrutar do río Miño con vistas ao veciño Portugal. O concerto de Javier Otero Neira ao piano dará comezo o venres 5 de setembro ás 20:00 horas.
O son chega aos ouvintes grazas á auriculares a través dunha rede WIFI que permite aos asistentes moverse libremente, levando consigo a música en total silencio ao tempo que se empapan do espazo, o vento, o solpor, a natureza… e, por suposto, a música.
Para poder desfrutar desta experiencia precísase inscrición previa a partir do martes 26 no Centro Cultural ou chamando ao 986 61 18 50, en horario de 9 a 14h.



