Aprende a facer os teus produtos ecolóxicos de limpeza nun obradoiro na Guarda
O V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro regresa en setembro cunha nova actividade. Trátase dun obradoiro para crear produtos ecolóxicos de limpeza.
As persoas participantes aprenderán a facer xabóns, suavizantes ou deterxentes, de xeito ecolóxico e respectuoso co medio ambiente. Este obradoiro será a cargo da axencia ambiental Biophilia, en colaboración co Concello da Guarda.
Esta sesión celebrarase o próximo sábado 20 de setembro no Centro Cultural de 10:30 a 12:30h. As prazas son limitadas, así que anótate enviando un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es .



