Cortes de tráfico Entroido venres 20
Este venres 20 de febreiro celebraranse dous desfiles: o desfile escolar e o desfile de Entroido. Por este motivo produciranse cortes de tráfico ao longo do día.
Ás 11:30h cortarase a rúa Galicia, desde o cruce coa rúa Brasil ata o cruce coa Avenida Santo Domingo (O Galo). Ao remate de desfile recuperarase o tráfico habitual, aínda así pedimos precaución aos condutores nos momentos previos e posteriores ao desfile pola camiño do alumando desde os colexios ao percorrido e á volta.
A partir das 14:00h non se poderá aparcar nas rúas Doantes de Sangue (1 ao 46), na rúa Baiona e na rúa Rosalía de Castro.
Ás 19:00h pecharase o tráfico nas rúas Doantes de Sangue e Porto Rico, que quedarán reservadas para a preparación das carrozas e comparsas. Ás 20:30h co inicio do desfile, pecharase o tráfico tamén nas rúa Galicia.



